Nas glándulas sudoríparas da nosa pel fórmase a suor con auga e sustancias de refugallo. Están formadas por un tubo que, na súa parte inferior, funciona como un filtro e que na súa parte exterior ábrese para a expulsión da suor. Estas glándulas, ademais de filtrar o sangue eliminando os refugallos, tamén serven para controlar a temperatura corporal, cando vai calor, suamos, iso fai que o noso corpo se refresque. A
L
C