4.- A función de excreción.


Nas nosas células prodúcense diariamente substancias de refugo que verten ao sangue. Estas substancias deben de ser eliminadas do noso corpo por ser tóxicas, esta función de eliminación (excreción) lévase a cabo no aparello excretor, nas glándulas sudoríparas e nos pulmóns.

O aparello excretor está formado por:

- Os riles: filtran o refugallo do sangue que chega a eles. Os refugallos mestúranse con auga e fórmase a urina.
- Os uréteres: transportan a urina dos riles á vexiga urinaria.
- A vexiga urinaria: ten forma de bolsa e nela almacénanse a urina antes de ser expulsada. As súas paredes son flexibles podendo expandirse ou contraerse en función da urina que almacenen.
- A uretra: e o tubo que comunica a vexiga o exterior.

A

L

C