3.- Enfermidades do aparello circulatorio.
Infarto de miocardio: prodúcese pola escasa chegada de osíxeno aos músculos do corazón, soe ocorrer cando un coágulo bloquea unha das arterias coronarias que levan sangue ao propio corazón.
Arritmia: é un descompasamento do ritmo dos latexos do corazón.
Taquicardia: é a aceleración do ritmo cardíaco.
Tromboses: prodúcese cando un coágulo de sangue (trombo) chega a bloquear calquera vaso sanguíneo.
Arterioscleroses: é un endurecemento das arterias causado principalmente polo colesterol que vai acumulando graxa nas paredes das mesmas producindo estreitamentos e perda de elasticidade.
Varices: prodúcense nas veas (encargadas de levar ao sangue de volta ao corazón), estas, para que o sangue poda subir (por exemplo nas pernas) teñen unha especie de válvulas que impiden que o sangue retroceda, cando estas válvulas no cumpren a súa misión o sangue acumúlase aumentando a presión, dilatando e alongando as venas que tenden a retorcerse formando nos ós que chamamos varices.