2.- A circulación.


A circulación é o percorrido que fai o sangue por todo o corpo. Hai dous tipos de circulación, a pulmonar e a xeral.

Circulación pulmonar: é o camiño que fai o sangue dende o corazón aos pulmóns.

Comprende as seguintes etapas:
1.- O sangue chega á aurícula dereita polas veas cavas cargado con CO2 das células.
2.- Da aurícula dereita pasa ao ventrículo dereito e de aí as arterias pulmonares que o levan ata os pulmóns.
3.- Nos alvéolos pulmonares se intercambia o CO2 polo O2.
4.- O sangue con osíxeno chega polas veas pulmonares á aurícula esquerda e de aí ao ventrículo.

Circulación xeral: é o percorrido que fai o sangue por todo o corpo agás polos pulmóns.

Ten as seguintes etapas:
1.- A contracción do corazón fai que o sangue do ventrículo esquerdo saia pola arteria aorta.
2.- A arteria aorta vaise ramificando en vasos cada vez máis finos ata que chega aos capilares dos distintos órganos.
3.- Nos capilares prodúcese o intercambio, deixando osíxeno e nutrientes e collendo dióxido de carbono e substancias de refugo.
4.- Por medio das veas o sangue chega ata a aurícula dereita.

A

L

O

O

C