1.- O aparello circulatorio.


Este aparello é o encargado de levar ás células do noso corpo o osíxeno e nutrientes que necesitan. Está formado por un sistema pechado de vasos sanguíneos comunicados entre si e polos que circula o sangue que é impulsado polo corazón.

O sangue: diferenciamos dúas partes o plasma e as células.

O plasma: está composto maioritariamente por auga e transporta nutrientes, substancias de refugallo e outras substancias como o dióxido de carbono.

As células: hai tres tipos

1.- Glóbulos vermellos, os máis abundantes, transportan o osíxeno e dan ao sangue a súa cor característica.
2.- Glóbulos brancos, son os encargados das defensas do noso corpo contra as infeccións.
3.- Plaquetas, axudan a pechar feridas.

L

C