Os grupos sanguíneos.


Cando se fai unha operación ou houbo un accidente é moi probable que o enfermo perda máis sangue do normal e que precise dunha transfusión, é dicir, introducir sangue provinte doutra persoa no corpo do doente, así todas as células do seu corpo seguirán recibindo os alimentos e o osíxeno necesario.

O persoal sanitario que realiza estas transfusións debe de coñecer exactamente o tipo de sangue que ten o paciente xa que, si se lle introducise outro tipo de sangue, o corpo do paciente, ao atopar un tipo distinto de células sanguíneas, empezaría a producir anticorpos para destruír esas células sanguíneas. Por iso é moi importante que ti e a túa familia coñezades o tipo de sangue que tes.

Estes tipos de sangue débense ao seguinte:

Na membrana celular dós glóbulos vermellos pódense atopar diferentes proteínas que son as responsables dos distintos tipos de sangue tamén chamados grupos sanguíneos.
Principalmente hai dúas proteínas ligadas a este tema, a proteína A e a B. Segundo o tipo que teña a membrana temos os seguintes grupos:

Grupo A: ten proteína A. Grupo B: ten proteína B. Grupo AB: ten ámbalas dúas A e B. Grupo 0: non ten ningunha das dúas proteínas.

Asemade existe outra proteína chamada rh, que pode estar presente tamén na superficie do glóbulo vermello (dise que é rh+, rh positivo) ou non presente (rh-, rh negativo).

Por exemplo, se o teu grupo é o A+ (A positivo) isto indica que na membrana dos teus glóbulos vermellos hai dúas proteínas, a A e a rh, mentres que se fose o cero negativo (0-) non atopariamos ningunha das tres.