Se condición entón acción.


No nivel 4 vamos a coñecer outros bloques que executan un código unicamente cando se cumpre unha determinada condición.

No noso caso comprobará se existe camiño á fronte, á dereita ou á esquerda, en caso afirmativo realizaranse as ordes do seu interior.
Fíxate que estes bloques, a diferencia dos bucles que xa coñecemos, so executan o código do seu interior unha soa vez.

Empregaremos tamén unha variante deste mesmo bloque que, como ves na imaxe, comproba se hai camiño e en caso afirmativo executaríase o código que está o oco de facer pero se non hai camiño executaríase o código que coloquemos dentro do oco de se non.

Fíxate que estes bloques (igual que os dos bucles) poden albergar a súa vez outro (ou outros) bloques do mesmo estilo.