Repetir mentres sexa (ou non) certa unha determinada condición


Na unidade anterior empregamos un bucle que executaba un número determinado de veces o código que houbese no seu interior. Nesta unidade vamos a ver outro bloque da mesma familia, neste caso trátase dun bucle no que o código do seu interior executarase mentres non se acade o obxectivo.

Fíxate que este novo bloque permite engadir outros bloques antes del, pero non despois xa que se o círculo vermello está na cela do branco o programa xa alcanzaría o seu obxectivo e non tería sentido que continuase.

Por último ten en conta que neste tipo de bucles, se o código que está no seu interior non está ben pensado, pode ocorrer que o programa nunca remate por exemplo se o círculo vermello da voltas sen chegar a alcanzar a posición do círculo branco.