PROPOSTA: Estudo do relevo dun país europeo.
Primeiramente debes elixir un país europeo (que non sexa España) e sobre el deberás de crear unha presentación (con Impress) ou un vídeo (con Openshot ou Moviemaker) na que, como mínimo, figuren os seguintes puntos:
1.- Bandeira e mapa físico e político.
2.- Posición en Europa e límites.
3.- Principais elementos do relevo tanto terrestres como marítimos (se os houbese).
4.- Principais ríos e lagos.
5.- Características principais do seu clima.
6.- Flora e fauna autóctona.
Lembra que ao final da presentación ou vídeo debes de incluír os lugares (páxinas web) dos que colliches información e/ou imaxes.
Unha vez rematada a presentación farás unha exposición de non mais de 5 minutos aos teus compañeiros, lembra, polo tanto, o remarcar aquela información máis importante.