Emilio Salgari

Aos primeiros albores o elefante xa estaba listo para reiniciar a marcha a través do altiplano de Pannah.
Indri e Dhundia alzaron a tenda e tras acomodarse novamente no interior do hauda*, sentíronse dispostos para realizar unha segunda etapa da súa viaxe e tamén para cazar a fera.
A pel da primeira pantera, esfolada polo cornac*, ía sobre as ancas do elefante, adornándoa e advertindo aos conxéneres do felino.
O paquidermo puxo en marcha espantando coa súa presenza e os formidables berros toda a caza que estaba emboscada entre a maleza.

*hauda: especie de canastillo que se puña sobre un elefante para que poidera ir xente no seu interior.
*conrac: conductor, coidador.

A Montaña da Luz

A cada instante fuxían aos saltos os axes, elegantes antílopes moi comúns na India.
Nin Indri nin Dhundia parecían facer grande caso daqueles animais, que por outra parte puidesen provelos dunha comida deliciosa. Toda a súa atención concentrábase nos posibles rastros da segunda pantera, que segundo crían non podía estar moi lonxe de alí.
O elefante introduciuse no medio dun espeso bosque. Avanzaba con bastantes poucos desexos de facelo, mostrando sinais de profunda inquietude, que as doce palabras do cornac non chegaban a disipar.
-Bangavady sente algo no ambiente -exclamou por fin Indri.
-Haberá serpes entre a maleza -contestou sen perder a calma.

Emilio Salgari

En aquel momento o elefante detívose bruscamente, comezando a retroceder.
-Patrón -dixo o cornac-. Prepara as armas. E entón interrompeuno un rouco ruxido que atronou o espazo, seguido dun estridente asubío. Indri e Dhundia armaron precipitadamente as carabinas.
A vinte pasos de distancia, acababa de reaparecer a pantera.
Pero esta vez non estaba libre. Un corpo monstruoso, de dimensións xigantescas, envolvíaa asubiando e retorcéndose furiosamente.
Era un pitón tigrado, unha soberbia serpe con pel verde azulada, con manchas irregulares, de máis de cinco metros de longo e tan grosa como a coxa dun home.

A Montaña da Luz

O réptil probablemente sorprendera a pantera que estaba emboscada para asaltar o elefante, e envolvéndoa entre as súas potentes espirais, tratando de sufocala, apertaba con todas as súas forzas.
Talvez mantíñase aferrada a algunha rama coa súa cola prénsil, e tendera á fera co seu terrible abrazo sen darlle tempo de reaccionar.
Malia a sorpresa, a pantera defendíase con todas as súas enerxías, que non eran poucas, tratando de librarse daquel abrazo mortal.
O adversario non era desprezable, pois eses réptiles están dotados dunha forza extraordinaria. Cando aferran unha presa, non a deixan máis, nin sequera cando están feridos.
A pantera, sentíndose afogar, debatíase con supremo furor, lanzando horribles alaridos.

Emilio Salgari

As súas poutas de aceiro esgazaban o réptil, pero o monstro non afrouxaba a súa presión, bañando o felino con sangue e escuma.
Asubiaba ferozmente, torcía a cola, destruíndo a maleza, mentres trataba de morder ao seu inimigo cos longos cairos, que nesta especie non teñen veleno.
Ningún dos dous animais parecía advertir a presenza de Bangavady a causa do entusiasmo con que estaban ocupados en esgazarse mutuamente. Por outra parte Indri e os seus dous compañeiros asistían ao horrible espectáculo convencidos que non se verían precisados de utilizar as armas, pois ningún daqueles dous terribles inimigos sairía con vida desa loita espantosa.

A Montaña da Luz

A pantera a pesar do seu extraordinario vigor, esgotábase rapidamente. Pola súa parte o pitón, se ben proseguía estreitando a súa presa, non estaba en situación de continuar moito anaco a súa loita contra a raíña da xungla.
Por fin a fera lanzou un ruxido quebrado por un estertor, e logo escoitouse o son de ósos que se quebran. As costelas e a columna vertebral cederan baixo a tremenda presión exercida polo réptil.
Ao mesmo tempo o pitón case totalmente exsangüe, caeu ao chan axitado por unha tremenda convulsión, sen afrouxar o abrazo mortal con que estreitaba a súa presa.
-Unha triste vitoria -dixo Indri, quebrando o profundo silencio-. O pitón tamén está por morrer.

Emilio Salgari

-Que o cornac baixe e tome a pel da pantera. Con esta e a outra. que xa temos, faremos unha entrada triunfal en Pannah, confirmando o noso valor e a profesión que simularemos ter...
O cornac cortou o réptil co seu coitelo de caza, para poder librar a pantera daquelas tremendas espirais. Logo comezou a traballar.
Abondou media hora para ter a pel do felino facendo compañía á outra, sobre o dorso do elefante, secándose ao sol.
Bangavady, tras aquel breve alto, puxo en marcha apresuradamente desexoso de gañar o tempo perdido.
A selva xa non era demasiado espesa, e permitíalle manter un bo paso.

A Montaña da Luz

Por o demais, cando achaba, no seu camiño algunha árbore froiteira, sen diminuír o seu paso recollía grandes acios de bananas ou mangos, que pasaba destramente ao seu cornac, quen os deixaba aparte para a comida.
Arredor das dez chegaron á parte superior do altiplano. O paquidermo podía xa avanzar a maior velocidade, pois a pendente do terreo concluíra totalmente.
Unha inmensa chaira estendíase fronte aos viaxeiros, cun fondo de espléndidas montañas; eran os primeiros. contrafortes do grande altiplano da India Central, que subían a xeito de monstruosos chanzos de quilómetros de extensión.

Emilio Salgari

Unha espesa foresta, de follaxe escura, estendíase, seguindo os accidentes do terreo e adaptándose a estes, ao longo das elevacións e valgadas do enorme val do río Keyn, ou estendéndose suavemente pola bellísima chaira de Kajraha.
O altiplano parecía acharse deserto, polo menos no sector percorrido polo elefante. Non se vían máis que bandadas de simios chamados manga polos hindús, unha especie que constitúe a familia máis insolente de simios que existe, e os que poñen a dura proba a paciencia dos traballadores do campo, saqueando as hortalizas e sementeiras.
Como os hindús lles consideran para o seu mal, sagrados, os manga poden facer o que lles de a gana sen que ninguén lles moleste no máis mínimo, chegando a súa audacia ata tal grao, que

A Montaña da Luz

entran nas casas, roubando todo o que poden baixo as ollos do propietario sen que o desgraciado se atreva a protestar sequera...
Arredor de mediodía, Bangavady detívose no linde dunha nova selva.
A douscentos metros de distancia, sobre a beira dun pequeno estanque, alzábase unha graciosa vivenda de madeira, dunha soa planta, teitada en forma de pirámide e cunha bandeira inglesa flamexando no alto dun mastro.
En derredor da casiña, sostida por columnas de madeira, prolongábase unha galería, reparada con follas de cocoteiro polos catro costados. Ademais, protexendo a construción, erguíase unha alta estacada.
-Chegamos! -exclamou Indri-. Estará Toby na casa, ou acharase perseguindo as feras?

Emilio Salgari

-Baixemos -exclamou Indri-. Se os cans están na casa, tamén debe atoparse Toby...
Naquel momento abriuse a porta do bungalow, e un home vestido totalmente de branco, coa cabeza cuberta por un grande sombreiro de palla, apareceu.
-Caramba! Es ti, Indri?
Tratábase dun europeo duns corenta anos de idade, moi robusto e de estatura superior á mediana.
Os seus ollos azuis cravaron afectuosamente no hindú, demostrando o maior asombro.
Indri! -repetiu.
-Si, son eu, Toby -contestou o hindú, avanzando rapidamente e estreitándolle a man-. Non esperabas recibir unha visita miña, verdade?

A Montaña da Luz

-A fe miña, que non. Críache en Baroda, xunto ao teu poderoso monarca, ocupado en organizar algunha monstruosa loita entre tigres e elefantes. Debes ter algún motivo ben grave para subir a este altiplano que destrúe os pés dos mellores elefantes...
-Así é amigo meu -contestou Indri, lanzando un profundo suspiro.
-Que desdita pode golpear o favorito do Gicowar de Baroda?
-Xa o saberás Toby. Este non é sitio para falar das miñas desditas.
-Tes razón. Entremos ao bungalow, onde espera o xantar, e... Quen é o hindú que te segue?
-Un home que o Gicowar de Baroda me puxo ao lado.

Emilio Salgari

-Amigo ou inimigo?
-Trata de ler os seus pensamentos, se che é posible. -O seu rostro non me convence. -Recíbeo como amigo -murmurou case Indri.
-Como ti queiras. Entremos.









CAPÍTULO 4
A Montaña da Luz - Emilio Salgari