3.- O xénero
Todos os substantivos teñen un xénero, masculino ou feminino. Aqueles substantivo que en singular rematan nas vogais e ou o átonas, como mestre ou polo, para o feminino cambian esa vogal por a (mestra, pola) mentres que as que rematan en o tónico ou consoante distinta de n como avó ou doutor engaden a (avoa, doutora). Os rematados en -án como irmán cámbian o -án por -á (irmá), mentres que os que rematan en -ón como león no feminino cambian ese -ón por -oa (leoa).
Así mesmo existen substantivos que son comúns en canto ao xénero, como artista, que teñen a mesma forma para os dous xéneros e que so o podemos diferenciar polo artigo (ou o contexto) que os acompaña (o artista, a artista). Noutros empréganse na mesma forma e co mesmo artigo para os dous xéneros como pomba, neste caso falamos de substantivos epicenos.
Finalmente cumpre falar que noutros casos a forma feminina e a masculina non amosan ningunha relación como no caso de muller e home ou egua e cabalo.