2.- O número
Os substantivos, segundo o seu número, poden estar en singular ou en plural, para a formación do plural debemos de fixarnos en que rematan, temos os seguintes casos:
1.- Se rematan en vogal ou ditongo como café ou rei no plural engaden -s (cafés, reis).
2.- Cando rematan en -x como tórax no plural non cambian.
3.- No caso dos rematados en -r ou -z como altar ou xuíz no plural engaden -es (altares, xuíces).
4.- As que rematan en -s debemos comprobar se son agudas (ou monosílabas), como país ou mes, neste caso engadimos -es (países, meses), ou se se trata de graves, esdrúxulas ou rematadas en -ns, como lapis, mércores ou luns, neste caso no plural non varían.
5.- Coas rematadas en -l debemos considerar dous casos: a) monosílabas graves e compostas, como pel , móbil ou ollomol nas que se engade -es (peles, móbiles e ollomoles). b)agudas como andel ou xabaril, o plural fórmase en -is (andeis, xabarís).
6.- Se ao final atopamos calquera consoante agás x, r, z, s ou l: como camión, no plural engadimos -s (camións).