1.- Vertente cantábrica.
Os ríos desta vertente, dado que nacen na Cordilleira Cantábrica, son curtos pero caudalosos ao ser una zona con frecuentes precipitacións. Entre outros: Navia, Nalón, Nervión e Bidasoa.

2.- Vertente mediterránea.
Aquí, agás o Ebro, temos ríos curtos e pouco caudalosos co. No verán levan moi pouca auga e na primavera e outono poden ter grandes enchentes. Son ríos desta vertente o Turia, Júcar e Segura.

3.- Vertente atlántica.
En Galicia, dada a súa climatoloxía, teñen un caudal abundante, o máis longo é o Miño. Na Meseta, polo xeral son ríos que nacen lonxe da súa desembocadura polo que teñen un réxime irregular, poden ter un caudal abundante aínda que este se vexa moi mermado no verán, destacan o Douro, Texo e Guadiana. En Andalucía, agás o Guadalquivir, son ríos curtos de réxime irregular, destacan tamén o Guadiana, Odiel, Tinto e Guadalete.
image/svg+xml Tambre Ulla Miño Douro Texo Guadiana OCÉANO ATLÁNTICO Odiel e Tinto Guadalquivir Guadalete Navia Nalón Nervión Bidasoa MAR CANTÁBRICO Ter Llobregat Ebro Mijares Turia Segura Almanzora Júcar Andarax Guadalorce