9.- Os climas de España.
1.- Oceánico: As precipitacións son abundantes e repartidas durante todo ano. Presenta veráns frescos e invernos temperados. Predominan os bosques de castiñeiros, carballos e faias. Abundan os prados.
2.- Continental: Temperaturas son extremas, calor no verán e frío no inverno con escasas precipitacións. Abundan as coníferas como piñeiros e abetos e arbustos de pouca altura.
3.- Mediterráneo: Temperaturas suaves no inverno e cálidas no verán, as precipitacións son escasas e prodúcense xeralmente na primavera e no outono. O bosque mediterráneo está formado por árbores de folla perenne como o piñeiro ou a aciñeira.
4.- De montaña: Temperaturas moi baixas no inverno e frescas no verán, moitas precipitacións algunhas en forma de neve. Atopamos prados naturais, piñeiros e carballos.
5.- Subtropical: Temperaturas suaves todo ano e escasas precipitacións. Abondan as especies endémicas como a piñeiro canario ou a laurisilva.
6.- Semidesértico: Temperaturas moi altas, sobre todo no verán e escasas precipitacións e vexetación.