4.- Elementos do relevo de costa.
Golfos e cabos: a liña de costa non é sempre igual. Podemos distinguir nela entrantes de mar, os golfos, e saíntes de terra, os cabos.
Baía: golfo de pequenas dimensións.
Illas: porcións de terra rodeadas de auga por todas partes.
Arquipélago: conxunto de illas próximas unhas a outras.
Costa alta: as montañas chegan ata o mar formando cantís.
Costa baixa: a terra entra no mar moi suavemente formando praias areosas ou de seixo.
Península: porción de terra rodeada de auga por todos lados, menos por un, chamado istmo.
Estreito: Zona de auga que separa dúas superficies de terra próximas.