9.- A respiración.


A respiración é un proceso que consta de tres frases:

1ª Inspiración: é a entrada de aire cargado de osíxeno, para elo, pola contracción do diafragma os pulmóns expándense, o aire entra pola boca ou o nariz e percorre as vías respiratorias ata os alvéolos. No nariz quéntase o aire e evítase que pase o po do aire grazas aos peliños cubertos de mucosidades que hai.

2ª Intercambio de gases: prodúcese nos alvéolos e o osíxeno O2 inspirado pasa aos capilares e ao sangue que o leva a todas as células ao mesmo tempo que o dióxido de carbono CO2 que hai no sangue pasa aos alvéolos.

3ª Expiración: é a expulsión de aire cargado co CO2, esta expulsión empeza pola relaxación do diafragma e a contracción dos pulmóns o que fai percorrer o dióxido de carbono dos alvéolos ata os tubos respiratorios e o exterior.

A

L

G

C