6.- Enfermidades do aparello dixestivo.
As máis comúns son:
Gastrite: inflamación da mucosa do estómago producida normalmente polo exceso de ácido clorhídrico.
Gastroenterite: é producida por un virus, bacteria ou comida en mal estado. Provoca vómitos e diarrea.
Apendicite: inflamación por unha infección do apéndice situado no intestino groso.
Cálculos biliares: depósitos de colesterol na vesícula biliar.
Hepatite: enfermidade producida por un virus que produce a dexeneración das células do fígado.
Úlcera: Ferida na parede do tubo dixestivo.
Carcinoma gástrico ou intestinal: tumor maligno da parede de estómago ou intestino.