5.- O proceso dixestivo.


Este proceso empeza na boca onde os dentes trituran os alimentos que, coa axuda da lingua se van mesturando coa saliva. A saliva ten como función a de amolecer eses alimentos e dixerir os hidratos de carbono. Deste xeito fórmase o bolo alimenticio que cos movementos da lingua vai cara a farinxe, ao paso pola farinxe lle chamamos deglutición. Neste proceso, para evitar que os alimentos vaian ao tubo respiratorio, o velo do padal sube e a epiglote pecha a larinxe.

Unha vez producida a deglutición o bolo chega ao esófago que realiza uns movementos de contracción e relaxación, chamados peristálticos, que dirixen ao bolo ata o estómago onde empezan a segregarse os zumes gástricos que se mesturan co bolo alimenticio grazas aos movementos que o estómago realiza. A esta mestura chamámoslle quimo e é unha papa onde os alimentos están parcialmente dixeridos.

Mediante a apertura do píloro (unha especie de válvula que ten o estómago) o quimo pasa ao intestino delgado, aquí mesturarase co zume pancreático creado no páncreas e a bile creada no fígado, neste proceso o quimo transfórmase en quilo onde xa se atopan os nutrientes e os restos de alimentos non dixeridos. No mesmo intestino delgado prodúcese tamén a absorción dos nutrientes e o seu paso ao sangue. Para elo as paredes internas do intestino delgado contan cunha serie de rugosidades e repregamentos chamadas pilosidades intestinais nas que hai unha cantidade moi grande de capilares sanguíneos aos que pasan os nutrientes para ser levados, mediante a circulación sanguínea a todas as células do noso corpo.

As substancias non absorbidas, como a fibra, pasan ao intestino groso, aquí se absorbe a auga e as sales minerais, os restos non absorbidos, ao perder a auga convértense en feces que saen ao exterior polo ano, a este proceso lle chamamos defecación.

A

L

O

C