3.- Os aparellos da nutrición.
A función de nutrición realízase por medio de catro aparellos.
O aparello dixestivo: extrae os nutrientes dos alimentos e expulsa os residuos en forma de feces.
O aparello respiratorio: obtén osíxeno do aire e expulsa o dióxido de carbono.
O aparello circulatorio: leva os nutrientes recollidos polo aparello dixestivo e o osíxeno obtido no respiratorio a todas as células do noso organismo. Así mesmo tamén recolle os refugallos das células para expulsalos.
O aparello excretor: as glándulas sudoríparas e o sistema urinario mesturan os refugallos producidos polas células dando lugar á urina e a suor.