2.- Os nutrientes.


Hidratos de carbono (glícidos): moi presentes en alimentos de orixe vexetal como azucres, cereais, legumes, froitas e patacas. Proporcionan enerxía dun xeito moi rápido.

Graxas (lípidos): hainas tanto de orixe animal, como a manteiga, como de orixe vexetal, como o aceite. Proporcionan enerxía dun xeito máis lento que os hidratos de carbono.

Proteínas: están presentes en legumes, leite, ovos, peixe e carne. Importantes á hora de reparar o noso corpo e de medrar.

Vitaminas: atopámolas en froitas e verduras crúas. Son moi importantes en varios procesos que ocorren no noso corpo como a cicatrización das feridas, a formación de tecidos ou a fertilidade.

Auga: obtemos auga ao bebela ou dos propios alimentos. É o principal compoñente do noso sangue, e imprescindible para regular a temperatura do noso corpo ou eliminar substancias de refugallo.

Sales minerais: moi presentes en froitas e verduras ou noutros alimentos, por exemplo no leite atopamos calcio, necesario para a formación dos nosos ósos; nas lentellas, ferro, que facilita a respiración das nosas células ou o potasio dos plátanos que intervén na contracción muscular.

A

L

C