10.- Enfermidades do aparello respiratorio.


As enfermidades deste aparato son variadas, dende o arrefriado común a outros máis graves como:

Bronquite: é a inflamación dos bronquios que produce un exceso de secrecións das vías respiratorias o que dificulta o paso do aire. A causa máis frecuente desta enfermidade é a reacción ao fume do tabaco.

Asma: é o estreitamento dos bronquios e bronquíolos dificultando a respiración, pode deberse a alerxias, infeccións ou estrés.

Enfisema: afecta aos alvéolos, as súas paredes deteriórase provocando a diminución da superficie para o intercambio de gases.

Pneumonía: inflamación dos pulmóns debido a infección dun virus ou bacteria, provoca febre alta, tose, expectoración, dor intensa no tórax e calafríos.

Tuberculose: é unha enfermidade infecciosa producida por un bacilo que se transmite polo aire. Forma tubérculos e nós nas zonas infectadas, producindo expectoracións con sangue, baixada de peso, febre e tose seca.

A

L