1.- A función de nutrición.


O noso corpo e, en concreto, as nosas células necesitan enerxía e materiais para poder vivir. Estes elementos obtémolos pola alimentación.

No interior das nosas células o osíxeno combínase cos distintos tipos de nutrientes obtendo así enerxía e substancias de refugo, como o dióxido de carbono CO2, que deben de ser eliminados, a esta reacción química chámaselle respiración celular.

Necesitamos a enerxía para todas as actividades como estudar, falar ou facer deporte, mentres que os materiais empregámolos para medrar e repor partes do noso corpo, como a pel, que están constantemente renovándose.

Este proceso de obtención de enerxía e materiais é unha función vital á que chamamos función de nutrición ou simplemente nutrición.

L

C