Repetir un código un número de veces


En programación empréganse ordes que o único que fan é repetir un número determinado (ou infinito) de veces o código que se atope no seu interior, estas ordes chámanse bucles (loops en inglés) e un de eses bucles é o que vas a empregar nesta ocasión.

Fíxate na imaxe, este programa o que faría sería avanzar tres veces, é dicir, o círculo vermello daría tres pasos.

Nestoutro caso daríanse quince pasos xa que o bucle executaríase cinco veces e en cada vez avanzaría tres pasos.