Cada equipo deberá de realizar os seguintes apartados:

A.- Carta coa presentación do voso menú: terá un tamaño non superior á metade dun folio e nela deberá, como mínimo, aparecer o nome de cada un dos pratos, unha pequena descrición de cada un e as bebidas que os acompañan.

B.- A receita de cada un dos pratos, cos ingredientes e as súas cantidades por comensal, o xeito de preparalo e a súa presentación no prato.

C.-Presuposto: documento co custo total por comensal que ten o menú, nel especificarase o custo de cada ingrediente principal que intervén en cada un dos pratos, así como o custo de cada o prato e o total de todo o menú. Nestes custos non se terán en conta elementos como o sal, azúcar, aceite ou especias; o gasto enerxético para a súa preparación ou o traballo do persoal de cociña.

D.- O grupo presentará á clase o seu menú. Podedes facelo como unha dramatización, unha presentación de ordenador, unha exposición oral... Nesta presentación é importante que expliquedes cada un dos pratos, cal foi o motivo de escollelo, por que considerades que o voso menú é equilibrado e como o presentariades aos comensais.