Estarán compostos por un máximo de cinco persoas.
Cada equipo poderá contar cun coordinador ou coordinadora e dado que o traballo a realizar ten varios apartados é recomendable que cada quen se encargue, en detalle, dun determinado aspecto.
Para saber o custo de cada ingrediente e prato podedes acudir ás webs de supermercados, tede presente a cantidade que necesitades para cada prato, por exemplo un kg de patacas pode ser máis que suficiente para cinco comensais.