Neste caso vamos a necesitar as seguintes persoas:

Moderador ou moderadora: ao igual que no debate será a persoa encargada das quendas e dos tempos dados a cada un.

Os participantes na posta en común, a maioría da clase, debedes de ter ben organizado o que ides a dicir pero tamén debedes de ser receptivos ao que os outros compañeiros e compañeiras van a expor.

O grupo de redacción: formado por catro persoas será o encargado de elaborar un breve documento no que se deberá de resumir as distintas ideas que xurdiron na posta en común.