Segundo pon a lectura, na antigüidade crían que as enfermidades brotaban de dentro do corpo cando os humores se desequilibraban. Se buscamos a palabra humor no dicionario vemos que pode ter os seguintes significados:
1.- Cada un dos distintos líquidos do organismo animal ou vexetal cando non se denomina co seu nome específico, e en particular, na medicina antiga, cada un dos diversos líquidos do corpo humano.
2.- Estado de ánimo que unha persoa ten de seu, pola súa natureza, ou que ten de forma pasaxeira por calquera circunstancia.
3.- Maneira de presentar a realidade deformándoa con trazos cómicos.