
Pasteur nace no ano 1822 en Dôle Francia, onde transcorreu toda a súa infancia, fillo dun curtidor non destacou na escola como estudantes de ciencias naturais, máis ben a súa primeira ambición foi a de ser profesor de arte, nesta etapa fai retratos da súa familia onde se observa una gran ollo para a precisión e os detalles.
En 1842, tras ser mestre na Escola Real de Besazón, obtén o título de bacharelato con cualificación de mediocre en química, tras pasar pola École Normale Supérieure convértese en profesor de física no Liceo de Dijon aínda que o seu verdadeiro interese estaba xa na química.
En 1848 resolve o misterio do ácido tartárico (C4H6O6), este ácido podía existir de dúas formas (como se unha fose o espello da outra) con idéntica composición química pero con propiedades diferentes. Este descubrimento foi un avance fundamental para a microbioloxía, axudando ao desenvolvemento moderno de medicinas e a comprensión do ADN humano.
No 1849 contrae matrimonio con Marie Laurent con que tivo cinco fillos dos que tres faleceron antes de ser adultos afectados polo tifo.
Durante 2000 anos a xente pensaba que a vida aparecía espontaneamente, por exemplo os vermes da carne morta e que as enfermidades brotaban de dentro
do corpo cando os humores se desequilibraban. Para desmentir esta teoría, no ano 1859, Pasteur expuxo un caldo acabado de ferver ao aire pero illado para que non pasara nada máis que o aire limpo e nada medrou no caldo, con isto quería demostrar que a comida podrecía pola contaminación dos microbios que están no aire argumentando que ademais eses microbios podían tamén producir enfermidades. Isto levou ao desenvolvemento de antisépticos.
Pasteur era xa un científico de renome. Naquel momento o viño francés era moi apreciado en toda Europa pero danábase unha cantidade importante no seu transporte, feito que fixo que, no 1863, Napoleón III preguntase a Pasteur por unha posible solución a este problema económico.
Pasteur deuse conta de que o dano era debido á contaminación por microorganismos pero que si fervía o viño, para matar ás bacterias, sabía moi mal. Despois de varios experimentos descubriu que podía quentar o viño a 55º chegaba para matar ás bacterias pero non estragaba o sabor do viño. A este proceso chamóuselle posteriormente pasteurización e hoxe emprégase extensamente para evitar que a comida se contamine.
Dous anos despois do nacemento da pasteurización os representantes da industria da seda acudiron a el debido a que unha misteriosa enfermidade estaba atacando aos vermes da seda.
A súa esposa Marie criou os vermes cos que experimentou Pasteur durante uns seis anos descubrindo que os vermes tiñan unha infección transmitida por uns parasitos polo que os vermes afectados debían de ser illados e exterminados. Con estes consellos a industria da seda sobreviviu e supuxo un pulo importante para a economía francesa.
Aos 45 anos sufre un derrame cerebral que lle paraliza parcialmente o seu lado esquerdo. Esto fixo que os seus colaboradores tivesen que crear un laboratorio móbil para que puidera traballar dende o leito.
En 1879 estuda o cólera do polo, para elo inxecta aos seus polos un vello cultivo de bacterias, estas aves enfermaron pero non morreron e se volveron inmunes á enfermidade, con isto Pasteur deuse conta de que as cepas debilitadas da enfermidade axudaran a que os polos desenvolveran inmunidade contra elas, un século antes, Jenner descubrira que a varíola das vacas protexía contra a propia varíola, Pasteur atopou con este descubrimento o xeito de crear as vacinas en laboratorio.
Seis anos despois adicouse ao estudo da rabia, unha enfermidade mortal que provocaba unha agonía lenta e moi dolorosa.
Xa tiña feito probas cunha vacina para esta enfermidade en cans cando se atopou cun neno que o mordera un animal rabioso, foi o primeiro ensaio en humanos cunha vacina artificial con éxito.
En 1888 despois dunha chamada á comunidade internacional para que lle doaran fondos estableceu unha organización de caridade, o Instituto Pasteur, onde se investigan enfermidades infecciosas. Un dos primeiros éxitos desta institución foi a creación dun tratamento e dunha vacina contra a difteria, enfermidade contra que hoxe a práctica totalidade dos nenos e nenas do mundo están inmunizados.
Tras a súa morte no 1895 Pasteur sempre será recordado como un dos precursores da medicina preventiva.
Imaxe de portada:
De Albert Edelfelt - Fotografía originally posted on Flickr as Albert EDELFELT, Louis Pasteur, en 1885. Date of generation: 27 de agosto de 2009. Photographed by Ondra Havala. Modifications by the uploader: perspective corrected to fit a rectangle (the painting was possibly distorted during this operation), frame cropped out., Dominio público, https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=10874424