Saltar navegación

Guía didáctica para o profesorado

Introdución

Apartados do proxecto

  • Introdución / motivación
  • Desenvolvemento do estudo estatístico.
  • Difusión dos resultados do estudo estatístico.

Tarefas

O traballo estruturouse en cinco tarefas cada unha das cales está subdividida en varias:

Tarefa 1.

  • Elaboración do cuestionario.
  • Recollida de datos.
  • Dixitalización dos datos.
  • Organización de datos en táboas de frecuencias.

Tarefa 2.

  • Representación gráfica e cálculo parámetros.
Tarefa 3.
  • Elaboración do informe.
Tarefa 4.
  • Elaboración presentación Impress.
  • Elaboración infografía.
Tarefa 5.
  • Exposición oral.

Cada tarefa

Cada unha das tarefas que se propón que fagan os/as alumnos/as vai precedida dun vídeo explicativo para que estes a poidan desenvolver de xeito autónomo.

Produción final

Como síntese do traballo desenvolvido ao longo da unidade didáctica elaborarán un informe final onde exporán os resultados obtidos e a súa análise.

Ademais pronponse que elaboren infografías e expoñan os seus traballos na clase co obxectivo de que se decaten de que a divulgación dos resultados é tamén unha parte moi importante de calquera traballo de investigación.


A avaliación

O traballo desenvolvido nesta unidade didáctica avaliarase segundo os estándares de aprendizaxe recollidos no DECRETO 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

Das tarefas

Para cada unha das tarefas proponse unha rúbrica de avaliación elaborada seguindo os contidos, criterios e estándares de aprendizaxe establecidos no devandito decreto.

Do proxecto.

Proporciónanse ademais rúbricas de avaliación para a exposición oral e para o informe final do proxecto.