Os enlaces externos
Os enlaces externos son palabras dos textos que aparecen cun resalte e ao ser pulsadas co rato levannos a outras páxinas web relacionadas cos contidos que estamos a ler.
Neste recurso didáctico, estes enlaces destacarán cun tipo de letra en grosa e unha cor laranxa. Ao colocar o usuario o rato sobre un destes enlaces externos, a palabra ou palabras clave volveranse subliñadas e cambiarán a unha cor marrón escura.
É o momento de facer clic se así o consideramos oportuno. A nova páxina web será cargada nunha nova pestana do navegador.
O enlace xa visitado manterase xa de cor marrón escura, recordando ao usuario que xa foi pulsado durante a navegación.