Augmented reality (AR) is a live direct or indirect view of a physical, real-world environment whose elements are augmented (or supplemented) by computer-generated sensory input such as sound, video, graphics or GPS data. It is related to a more general concept called mediated reality, in which a view of reality is modified (possibly even diminished rather than augmented) by a computer. As a result, the technology functions by enhancing one’s current perception of reality.
A estructura
A realidade aumentada consiste en suplementar a realidade, é dicir, enriquecela con obxectos xerados por computador, cuns obxectos que chamamos “virtuais”.
Vexamos agora a definición que achega o investigador Ronald T. Azuma:
As tres características dos sistemas de realidade aumentada son: 1. Combina elementos reais e virtuais no ambiente real. 2. Hai interacción en tempo real co usuario. 3. Está integrada nunha contorna tridimensional.
O "tracker"
Para poder comunicar contidos a través da realidade aumentada debemos colocar na nosa contorna algún elemento crave que actúe a modo de interruptor (visible ou invisible) que acenda ou active todo o proceso, é dicir, o noso sistema de realidade aumentada debe rastrexar a realidade en busca dalgún motivo claro e sinxelo que faga de gancho. Este reclamo dará unha sinxela orde, dirá ao procesador cal é o momento para que salte ou entre en acción o aumento que queremos facer á realidade.
Este elemento crave adoita ser unha imaxe ou "tracker", colocada coidadosamente no espazo real. Independentemente do tipo de realidade aumentada que esteamos a utilizar (vídeo see-through ou optical see-through) en canto o sistema recoñeza o tracker despregarase na escena a realidade aumentada. Por dicilo doutro xeito, en todo proceso de realidade aumentada existen unhas fases ou pasos moi claros: primeiro, o sistema realiza un escaneo global da realidade; segundo, prodúcese un recoñecemento do patrón ou tracker; e terceiro, realízanse escaneos parciais sobre o patrón, para aforrar traballo ao procesador e para evitar posibles interferencias que fagan que se perda a realidade aumentada.
Pode darse o caso que o patrón para detectar non sexa unha imaxe. En sistemas de realidade aumentada máis sofisticados utilízanse métodos de geolocalización ou sistemas trackerless aplicando bases de datos no recoñecemento de escenas.


