The main motivation of ATOMIC is to provide to the community an open source tool that can be easily modified and that does not require too much technical knowledge to access the Augmented reality technology. It was created as a front end (Graphic Interface) for use ARToolKit library without having to know programming. The first developer of ARToolkit has been profesor Hirokazu Kato. It was written in the programming language Processing and is licensed under the GNU GPL. The 3d model you load it's up to you.
Actividade "Composición e mapa de ideas”
Sketchup ofrece un banco inmenso de obxectos 3D dispostos para a descarga e uso inmediato. Con todo, moitas veces o reto está en atopar exactamente o que queremos. Se utilizas só un idioma reduces moito a capacidade de procura.
Nesta actividade propoñémosche dúas cousas:
En primeiro lugar, realiza unha composición persoal no teu escenario de Sketchup que explique o proceso de realidade aumentada (podes utilizar as palabras do mapa de ideas que che ofrecemos). Esta actividade realizarase individualmente con axuda do teu profesor na propia interface do programa. Para iso, debes buscar en 3D warehouse (Arquivo/ Galeria 3D/Obter modelos) pero esta vez utiliza palabras en inglés. Observa como, ao teclear calquera palabra en inglés, increméntase considerablemente a cantidade de modelos 3D que podes descargar. Por exemplo a palabra bird, no canto do equivalente en español paxaro, ou a palabra tree no canto de árbore.
En segundo lugar, completa o mapa de ideas que che propoñemos. Sitúate co punteiro sobre algunha palabra, nese momento a palabra vólvese de fondo amarelo. Fai clic sobre ela mantendo pulsado o rato, e arrastra a palabra ata a casa que creas que lle corresponde segundo o debuxo máis próximo pintado en gris claro. Ao presionar a palabra escoitarase a correcta pronuncia da mesma en inglés. Podes presionar tantas veces como queiras para repasar a túa listening. Se tes dúbidas podes presionar o botón “solución” e as palabras colocaranse automaticamente no seu lugar correcto. Só poderás ver a solución durante uns instantes. Se non acertas non pasa nada, téntao outra vez.


