A portada
Ao iniciar o recurso aparece en pantalla a páxina principal ou portada.
Nela vemos o título do proxecto con letras grandes. Debaixo del apreciamos catro textos interactivos, que nos levarán ás páxinas web da guía didáctica, as instrucións de navegación, os dereitos de autor e os enlaces de interese respectivamente.
Máis abaixo, unha gran imaxe serve de fondo para enmarcar os enlaces das distintas técnicas de realidade aumentada. Nesta primeira pantalla aparecen a introdución, os tipos e os campos de aplicación.
Na base da portada, sobre unha franxa horizontal de cor celeste, vemos os logos interactivos da licenza Creative Commons, da Xunta de Galicia, e o nome dos autores desta licenza por formación. Esta información aparecerá en todas as páxinas web que compoñen este recurso didáctico.
Se achegamos o rato aos botóns rectangulares de cor gris co texto das técnicas en letras maiúsculas, o fondo da nosa web cambiará de cor segundo esteamos na secuencia de aprendizaxe 1 (celeste claro), ou 2 (verde claro) ou 3 (amarelo).