
A Patrulla da Saúde é unha organización fundada hai varios anos por un grupo de voluntarios empeñados en loitar contra os malos hábitos de saúde. Agora, precisan máis voluntarios dispostos a botar unha man. Queres colaborar con eles? Adiante!
A Patrulla da Saúde é unha organización fundada hai varios anos por un grupo de voluntarios empeñados en loitar contra os malos hábitos de saúde. Agora, precisan máis voluntarios dispostos a botar unha man. Queres colaborar con eles? Adiante!
A Patrulla da Saúde está organizada en equipos. Na vosa aula, teredes que dividirvos en equipos de tres ou catro compoñentes, seguindo as indicacións da vosa profesora ou profesor.
A principal fortaleza desta forma de organizarvos é que ides funcionar coma un verdadeiro equipo, e non coma un simple grupo de traballo. O primeiro que ides facer é investigar as características que han de ter os bos equipos.
Que características debe ter un bo equipo? Investigade na Rede. Cando rematedes, contestaredes a un pequeno cuestionario.
Agora, podedes contestar o cuestionario sobre equipos.
A misión encomendada á Patrulla (ti e os teus compañeiros de equipo) será a de facer unha Guía de actividades físicas para rapaces e rapazas de 11, 12 ou 13 anos do voso Concello.
Pero antes tedes encomendadas unhas tarefas intermedias, que vos permitirán aprender máis sobre o tema e enfrentarvos sen dificultades ao traballo final.
Tarefas intermedias:
O equipo crea un mapa da súa contorna coa localización dos recursos para realizar AF.
Reto final:
Como se vai cualificar o voso traballo? Tanto cada unha das tarefas, coma o Reto final, vanse avaliar coa axuda duns documentos chamados rúbricas, ás que tedes acceso en todo momento, de xeito que vos serven de guía á hora de facer os traballos. O profesorado vaivos avaliar, pero tamén vos tedes que avaliar as vosas propias tarefas e as dos outros compañeiros. No seguinte cadro recóllese o peso de cada tarefa na nota final.
TAREFA | PESO NA NOTA |
---|---|
Tarefa 1 | 20% |
Tarefa 2 | 20% |
Tarefa 3 | 20% |
Tarefa 4 | 20% |
Reto final | 20% |
Cada un dos membros do equipo levará un Diario de Aprendizaxe, no que anotará todas as inquedanzas, progresos e dúbidas que xurdan en cada unha das etapas do proxecto. A elaboración deste Diario e tan importante coma a realización das diferentes Tarefas. Todas as entradas do Diario formarán parte da recompilación final de produtos do proxecto.
O Diario será dixital (ainda que tamén poderías empregar unha libreta). Redacta as entradas do Diario nun documento de texto que podes crear na Rede, para logo compartilo. Un bo sitio para facelo é Google Drive. Se tes conta de GMail, podes empregala para entrar a Google Drive. Se non tes conta de GMail, agora é o momento de crear unha.
Obra publicada con Licencia Creative Commons Reconocimiento Compartir igual 4.0