Aspectos xerais
A través do estudo destes temas os alumnos e a alumnas deben descubrir como actúan na natureza as forzas. Coa resolución dos problemas e cuestións propostos e coa visualización das simulacións atoparán unha forma amena e seria de aprender.
Estas secuencias didácticas están elaboradas para fomentar no alumno a aprendizaxe activa, e por iso deben ter en conta as seguintes consideracións:
- Ler atentamente os textos e cando non se entenda algo deberá ampliar a información mediante o uso da rede. Se non se entende, o alumno deberá preguntar ao profesor ou titor.
- Resolver os cuestionarios e, se non se obtén máis dun 80% de acertos, hai que repetilos logo de revisar o visto no tema en cuestión.
- Para acceder ás simulacións tense que pasar o rato por riba das imaxes (que cambiarán de aspecto) en cuxa cabeceira pon "Escena" e premer o botón esquerdo do rato ou, se se usa unha tablet ou Smartphone tocar co dedo nesta imaxe.
- Observar atentamente as simulacións (non son un entretemento) nelas deberanse descubrir os conceptos que se pretende que se entenda para adquirir as capacidades pertinentes.
- Os alumnos e alumnas non deberían pasar á seguinte sección sen comprender as anteriores.
- Usar os libros que estean ao alcance, así como a REDE para ampliar a información.
- Participar (se existe) no wiki preparado polo profesor-titor.
- Se se usa unha plataforma educativa (Moodle, Claroline...) participa activamente nos foros e nos chats.
Uso de tablets e smartphones.
- É conveniente, si se usa unha tablet ou un smarphone, que ocultes o menú para visualizar mellor as secuencias didácticas.
- Estas secuencias didácticas son "responsivas" e non se debería ter ningún problema na súa visualización, non obstante, se o precisas, podes ampliar o texto e o resto de elementos.
- Debe usarse unha versión de android actualizada.
As forzas e o movemento
Obxectivos
-
Recoñecer os efectos das forzas.
-
Identificar as forzas presentes en situacións cotiás.
-
Calcular a forza resultante dun sistema de forzas.
-
Comprender o significado de inercia.
-
Relacionar a forza aplicada a un corpo e a aceleración que este adquire.
-
Decatarse d a forza de rozamento en situacións habituais.
-
Recoñecer a existencia da parella de forzas acción-reacción.
-
Relacionar os cambios nos movementos coas causas que os producen.
-
Observar unha simulación co obxectivo de analizar as forzas centrípeta e tanxencial.
Competencias traballadas
-
Competencia matemática
Nesta unidade ensínase aos alumnos a identificar os efectos das forzas sobre os corpos. Así como a representar as distintas forzas a través de vectores, polo que se fai necesario realizar cálculos cos vectores e comprender as gráficas correspondentes ao análise dos movementos.
Ao realizar cálculos cos diferentes vectores forza é necesario recordar os conceptos de compoñentes dun vector e a suma gráfica e analítica.
Ademais, móstrase, mediante a correspondente simulación, aos a comprobación experimental da lei de Hooke.
-
Competencia en comunicación lingüística
Neste contido dixital, foméntase a lectura en galego dalgún texto, deste modo incidimos na adquisición da competencia lectora. -
Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico
Esta unidade é fundamental para adquirir as destrezas necesarias para entender o mundo que nos rodea. A partir do coñecemento dos distintos tipos de forzas os alumnos serán capaces de relacionar as variacións no estado de movemento coas causas que os producen (preténdese comprender a dinámica dos distintos obxectos que nos rodean, por exemplo, o movemento dun coche ou dunha bicicleta).
-
Tratamento da información e competencia dixital
Pola natureza deste contido dixital, xa se promove a adquisición desta capacidade e, alén diso, na sección “Saber máis facilítanse direccións URL externas que dirixen a outros contidos relacionados coas forzas e os principios da dinámica. Para poder ver estes contidos será necesaria a conexión a internet.
-
Competencia social e cidadá
Realizando as actividades desta unidade fomentase nos alumnos e alumnas a observación
e a análise de distintos sucesos relacionados coas forzas,(por exemplo o principio de inercia e a necesidade de usar o cinto de seguranza) de forma que eles adquiren estas capacidades e aplícanas aos sucesos que lles rodean na súa vida cotiá contribuíndo desta forma a esta competencia. -
Competencia de aprender a aprender
Ao longo de toda a unidade trabállanse habilidades, nas actividades ou no desenvolvemento, para que o alumno sexa capaz de continuar aprendendo de forma autónoma de acordo cos obxectivos da unidade. -
Autonomía e iniciativa persoal
Os diversos exercicios realizados ao longo da unidade serven para traballar esta competencia, xa que se pretende que o alumno, de forma autónoma, comprenda o contido dixital cunha mínima intervención do profesor-titor.
As forzas e o equilibrio nos sólidos
Obxectivos
-
Recoñecer os efectos das forzas cando se aplican aos sólidos.
-
Identificar as forzas que producen rotacións presentes en situacións cotiás.
-
Situar o centro de gravidade dalgúns obxectos e trazar a vertical para analizar a situación de equilibrio.
-
Calcular o momento de forzas resultante respecto dun eixe dun sistema de forzas.
-
Comprender o significado de momento dunha forza.
-
Relacionar o momento da forza aplicada a un corpo e a aceleración angular que este adquire.
-
Recoñecer a existencia da parella de momentos de forzas e calcular o momento resultante.
-
Relacionar as variacións nos movementos de rotación coas causas que os producen.
Competencias traballadas
-
Competencia matemática
Nesta unidade ensínase aos alumnos a identificar os efectos das forzas sobre os sólidos. Así como a representar diferentes momentos de forza a través de vectores, polo que se fai necesario realizar cálculos cos vectores e comprender o significado de seno, e coseno dun ángulo.
Móstrase, mediante a correspondente simulación, os efectos dunha forza sobre un sólido capaz de rotar e de trasladarse.
-
Competencia en comunicación lingüística
Neste contido dixital, foméntase a lectura en galego dalgún texto, deste modo incidimos na adquisición da competencia lectora. -
Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico
Esta unidade é fundamental para adquirir as destrezas necesarias para entender o mundo que nos rodea. A partir do coñecemento dos distintos tipos de pancas, os alumnos deberán ser capaces de relacionar os momentos producidos en cada punto da panca co o efecto que fan.
-
Tratamento da información e competencia dixital
Pola natureza deste contido dixital, xa se promove a adquisición desta capacidade e, alén diso, na sección “Saber máis” facilítanse direccións URL externas que dirixen a outros contidos relacionados cos momentos de forzas. Para poder ver estes contidos será necesaria a conexión a internet.
-
Competencia social e cidadá
Realizando as actividades desta unidade fomentase nos alumnos e alumnas a observación
e a análise de distintos sucesos relacionados coas máquinas simples, (por exemplo a pesada de mercadorías e a lei da panca) de forma que eles adquiren estas capacidades e aplícanas aos sucesos que lles rodean na súa vida cotiá contribuíndo desta forma a esta competencia. -
Competencia de aprender a aprender
Ao longo de toda a unidade trabállanse habilidades, nas actividades ou no seu desenvolvemento, para que o alumno sexa capaz de continuar aprendendo de forma autónoma de acordo cos obxectivos trazados. -
Autonomía e iniciativa persoal
Os diversos exercicios realizados ao longo da unidade serven para traballar esta competencia, xa que se pretende que o alumno, de forma autónoma, comprenda o contido dixital cunha mínima intervención do profesor-titor.
As forzas e o equilibrio nos líquidos
Obxectivos
-
Distinguir entre forza e presión.
-
Entender por que algunhas substancias poden flotar nun líquido.
-
Interpretar experiencias relacionadas co principio de Arquímedes.
-
Saber cales son as magnitudes que inflúen no pulo que experimenta un corpo cando se mergulla nun fluído.
-
Recoñecer os diferentes efectos dunha mesma forza sobre distintas superficies e en diferentes ángulos.
-
Reproducir a experiencia de Torricelli para recoñecer a presenza da presión atmosférica e saber como se pode medir.
-
Entender o principio de Pascal e coñecer as súas aplicacións.
-
Xustificar a perda aparente de peso debida ao pulo dos corpos ao introducilos nun
líquido.
Competencias traballadas
-
Competencia matemática
Nesta unidade ensínase aos alumnos a relacionar a presión no interior dos fluídos coa densidade e a profundidade.
Na resolución destes exercicios utilízanse ecuacións que implican proporcións e cálculos matemáticos básicos: sumar, restar, multiplicar e dividir.
Tamén será necesario facer cambios de unidades de presión cos correspondentes factores de conversión.
-
Competencia en comunicación lingüística
Mediante as lecturas dos distintos epígrafes e a través da realización dos distintos exercicios e problemas, os alumnos irán adquirindo un vocabulario científico que aos poucos aumentará e enriquecerá a súa linguaxe, contribuíndo desta forma a esta competencia.
-
Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico
Esta unidade é fundamental para adquirir as destrezas necesarias para entender o mundo que nos rodea. Por exemplo, a partir do coñecemento do principio de Pascal e o principio
de Arquímedes pódense xustificar moitas situacións facilmente observables na vida cotiá,
como a a flotabilidade dun anaco de madeira. Por outra parte, os alumnos chegarán a entender, mediante a experiencia de Torricelli que a presión é a responsable do funcionamento das ventosas e outros obxectos cotiáns como as bombas de succión...
-
Competencia de aprender a aprender
Ao longo de toda a unidade trabállanse habilidades, nas actividades ou no seu desenvolvemento, para que o alumno sexa capaz de continuar aprendendo de forma autónoma de acordo cos obxectivos pretendidos.
-
Autonomía e iniciativa persoal
Os diversos exercicios realizados ao longo da unidade serven para traballar esta competencia, xa que se pretende que o alumno, de forma autónoma, comprenda o contido dixital cunha mínima intervención do profesor-titor.
A Terra no Universo
Obxectivos
-
Analizar e comparar os modelos xeocéntrico e heliocéntrico do Universo.
-
Resolver problemas de movemento de corpos celestes.
-
Valorar as achegas da ciencia para mellorar a calidade de vida.
-
Recoñecer a relación entre sociedade, tecnoloxía e o avance que experimentou a ciencia.
-
Valorar e respectar as opinións dos demais aínda que sexan
diferentes das propias.
Competencias traballadas
-
Competencia matemática
A través da resolución de exemplos e das actividades propostas os alumnos desenvolverán esta competencia ao longo de toda a unidade dixital.
Nas leis de Kepler, o alumno deberá visualizar as simulacións e comprobalas de forma empírica. Nestes exercicios repásase e utiliza o concepto de proporcionalidade.
Nos exercicios de movemento de corpos celestes faise necesario o uso da calculadora e, nalgúns casos, da notación científica.
Trabállase o cambio de unidades a través de factores de conversión.
-
Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico
Esta unidade é fundamental para entender como se formou o noso planeta e o universo en xeral.
Ademais, a partir do coñecemento das forzas gravitacionais os alumnos poderán comprender o movemento dos distintos corpos celestes no Universo (Sol, Terra e resto de planetas).
-
Tratamento da información e competencia dixital
Na sección “Aprender máis” propóñense algunhas direccións de páxinas web interesantes que reforzan os contidos traballados na unidade.
-
Competencia social e cidadá
Neste contido dixital ensínase aos alumnos a valorar as achegas da ciencia para mellorar a calidade de vida; por exemplo, a posta en órbita dos diferentes satélites. Para iso móstraselles a relación que existe entre sociedade, tecnoloxía e avance da ciencia.
-
Competencia para aprender a aprender
Ao longo de toda a unidade trabállanse as destrezas necesarias para que a aprendizaxe sexa o máis autónomo posible.
As actividades están deseñadas para exercitar habilidades como: analizar, adquirir, procesar, avaliar, sintetizar e organizar os coñecementos novos.