As forzas na natureza
O Movemento Rectilineo e Uniformemente Acelerado
Lembra que nun movemento uniformemente acelerado a traxectoria do móbil é unha liña recta e ao módulo da súa velocidade instantánea (tamén chamado rapidez ou celeridade) aumenta de forma lineal co tempo. Se representásemos o médulo da velocidade en función do tempo obteríamos unha recta e cando representamos a posición en función do tempo obtemos unha parábola.
Na figura observamos a representación do valor da velocidade instantánea en función do tempo para un movemento uniformemente acelerado.
Na figura observamos a representación do valor da posición en función do tempo para un movemento uniformemente acelerado.
As ecuacións que debemos usar para describir un Movemento Rectilíneo e Uniformemente Acelerado son:
a = Constante
v= v0 + a·/\t
x = x0 + v0·/\t + 1/2·a·/\t2
Obra publicada con Licencia Creative Commons Reconocimiento Compartir igual 4.0