Proxecto "Lobos"
Relación coas competencias
A competencia fundamental que se potencia é a competencia aprender a aprender. Desenvolvendo actividades de seleccionar, contrastar e interpretar información estamos aplicando procesos cognitivos (capacidades) de avaliación porque o alumnado ten que xulgar.
Desenvolvendo actividades de transferir a información da linguaxe escrita ao debuxo estamos aplicando procesos cognitivos de aplicación porque o alumnado ten que utilizar o aprendido en situacións novas.
Desenvolvendo actividades de organización da información: recoñecendo, nomeando e reproducindo, estamos aplicando procesos cognitivos de coñecemento porque o alumnado ten que recordar feitos.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0