|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
AS CUBERTAS E CONTRACUBERTAS
AS GARDAS
|
|
 |
|
|
|
AS CUBERTAS E CONTRACUBERTAS
En moitos álbumes ilustrados a portada ou
cuberta cumpre una función moi importante na obra. Podemos atopar
diferentes casos:
- Un reclamo para atraer aos lectores á obra.
- Un elemento compilador dos elementos que aparecen na historia.
- Unha anticipación da historia.
- Unha ampliación da historia.
- E moitos máis.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
En numerosas ocasións
está relacionada coa contraportada ou contracuberta.Cando
son traballadas de maneira consciente, aproveitando as posibilidades
de ambas como espazos de ilustración, entón as dúas
convértense en elementos narrativos, descritivos ou premonitorios
moi importantes.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Existen
obras que teñen portadas e contraportadas que se relacionan entre
si. Unha veces compleméntanse, outras contrapóñense;
en ocasións una é a prolongación da outra; ás
veces ambas aportan un xogo de ocultación de información
para desvelala despois; as posibilidades son infindas.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Aquí
temos unha serie de exemplos de portadas e contraportadas que foron creadas
cunha función comunicativa, para crear co lector certo grao de
complicidade.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
 |
|
VERDEDADES
(Yolanda Castaño / Xosé Tomás)
Biblos
A historia trata de plantas. Elementos vexetais, e poemas arredor deles.
A cuberta anticipa esa temática mostrando plantas, herbas, e deixando
un branco baleiro que convida a entrar nese mundo. Aporta a idea de que
non todo está feito, e cómpre entrar no libro para cubrir
ese oco. Pero ademais do mundo vexetal, os autores deciden relacionalo
co humano, e aparece unha familia: unha nena e os seus avós. Na
contraportada aparece este elemento humano. Ambos mundos se fusionan,
e as plantas cobran significados diferentes, porque acompañan ás
persoas nas súas vidas, son testemuñas das súas relacións,
curan doenzas, e mesmo simbolizan emocións.
|
|
|
|
|
O
NENO QUE TIÑA MEDO DOS ROBOTS / O ROBOT QUE TIÑA MEDO DOS
NENOS
(Miguel Vázquez Freire / Xosé Tomás)
EDEBÉ-RODEIRA
Estamos aquí ante unha obra de formato arriscado: dúas historias,
dúas portadas. Trátase dun relato de paralelismos: un neno
que teme aos robots, e un robot que teme aos nenos. Os prexuízos,
os medos ao diferente. E o encontro final, por suposto, no medio do libro.
Podemos apreciar un xogo de contrastes nas ilustracións das dúas
cubertas (non temos aquí contracubertas): o neno proxecta unha sombra
dun robot; o robot proxecta unha sombra dun neno. Ambas sombras son a metáfora
visual dos seus temores máis interiores.
Ambas portadas están invertidas, polo que para cambiar dunha á
outra é preciso invertir o libro. Como os dous relatos comparten
unha escena ilustrada final, a imaxe creada para tal fin é uns escena
cenital, en ángulo picado absoluto, que permita ser "lida"
en calquera dirección, dende calquera perspectiva.
|
|
 |
|
|
|
|
|
 |
|
SABELIÑA
E OS RATOS
(Paco Martín / Xosé Tomás)
Editorial Galaxia
A cuberta deste libro pode analizarse como un modelo de invitación
a entrar. O personaxe mira dende fóra dun burato, e o lector-espectador
está dentro. A nena mira cara nós, e nós non sabemos
realmente que hai onde nós estamos. Trátase dun xogo de intriga,
de suxerir que tras ese burato hai historias de interese, que suscitan a
curiosidade da protagonista.
|
|
|
|
|
VOU
TER UN IRMÁN
(María Solar / Xosé Tomás)
Editorial Galaxia
Pódese apreciar na portada deste libro unha nena auscultando o que
semella ser unha barriga. Pero esta barriga non está completa na
cuberta. En realidade, non cabe, porque se prolonga pola parte de atrás,
na contracuberta. Para comprender a imaxe na súa totalidade é
preciso xirar o libro. Conséguese entón o efecto perseguido:
que exista un diálogo entre cuberta e contracuberta, e que o lector
se involucre nel. Ambas capas forman parte unitaria da mensaxe visual.
|
|
 |
|
 |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
 |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
AS GARDAS
As gardas
son elementos anexos ao libro, que podemos
ver ao abrir a cuberta e a contracuberta. Anteceden ao libro, e son tamén
posteriores a el, posto que en moitos álbumes ilustrados hai unha
garda ao comezo e outra ao final.
As posibilidades narrativas destas dúas pezas son enormes:
- anticipar,
- crear unha atmosfera,
ate
- prolongar unha
historia.
- outras
Vexamos algúns exemplos.
|
|
|
|
|
 |
|
|
SABELIÑA
E OS RATOS
(Paco Martín / Xosé Tomás)
Editorial Galaxia
Na historia de Paco Martín os ratos traen agasallos aos nenos e nenas
cando se lles caen os dentes. Todos, agás un, malvado, ruín,
que rouba os regalos para si. Este rato aparece na primeira garda en actitude
fachendosa. O ilustrador, tras conversas co escritor, toma decisión
de facer que este personaxe "pague" polos seus delitos. E aínda
que na historia escrita o rato sae indemne dos seus actos malignos, na garda
final sofre un percance: a imaxe mostra como o gato do conto o come, finalmente.
Estamos aquí ante a demostración de que o papel interventor
do ilustrador na obra literaria pode ser crucial. Neste libro a historia
non acaba na última páxina do texto, senón na garda
final. E podería suceder na contracuberta tamén.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
 |
|
|
|
|
|
|
|
|
CANDO
EU SAIBA LER
(Yolanda Castaño / Xosé Tomás)
Editorial Galaxia
Este libro ten como intención ensinar aos máis pequenos as
vogais da lingua galega. A través de poemas e imaxes alusivas, aprenden
non só as grafías, senón os seus sons. E ao final do
libro levan percorrido un camiño de descubrimento e aprendizaxe.
Por ese motivo, a primeira garda mostra unha nena cun libro, triste, con
expresión de decepción. Aínda non sabe ler. Na segunda
garda, cando xa aprendeu as vogais e todas as súas posibilidades,
aparece na mesma situación e postura, pero cun luminoso sorriso.
Establécese así un diálogo entre ambas gardas, que
redondean a obra global. |
|
 |
|
 |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
 |
|
|
 |
|
|
|
|
 |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
EL
GRAN LIBRO DE RELATOS DE PIRATAS Y CORSARIOS
(Joan e Albert Vinyoli / Xosé Tomás)
Editorial Parramón
O tema do libro son os piratas, os corsarios, os buques, as batallas no
mar. A portada ten unha característica física determinada:
está perforada, troquelada. O ilustrador aproveita esa circunstancia
para converter ese burato nunha ferramenta narrativa. E transfórmase
nunha ventá. A cuberta amosa o interior dun camarote. Estamos dentro
dun buque. Ao abrir a portada, "abrimos a ventá" e estamos
fóra. Na garda vemos a mesma ventá, pero dende o exterior
do barco, e observamos como outro navío se acerca a nós disparando.
Descubrimos igualmente que temos unha bandeira negra: somos piratas! Neste
caso, o xogo de diálogo establécese entre a portada e a primeira
garda.
Na segunda garda temos un diálogo co libro completo, coas historias
das "tripas". Trátase dunha imaxe a dobre páxina
na que se percibe unha praia deserta, un tesouro, e o que parecen ser os
restos dun naufraxio: papeis, lapis, cofres con moedas, espadas, pistolas,
É o naufraxio do ilustrador, tras o arduo traballo de crear
imaxes para o libro. Pero non só se trata diso. Esas imaxes que aparecen
espalladas na area son as imaxes feitas a lapis que deron lugar ás
ilustracións a toda cor que hai no interior do libro. Desta maneira,
o lector pode xogar a comparar os bocexos a lapis coas artes finais. E así,
de paso, volve percorrer o libro marcha atrás.
|
|
|
|
|
|
O
SOUTO ESCURO E PERIGOSO
(Miguel Vázquez Freire / Xosé Tomás)
Edicións Xerais de Galicia
Estamos aquí ante unha obra de medo. Un coello tenro e miúdo
é perseguido por dúas bestas terribles: un oso e un lobo.
Na primeira garda podemos ver as pegadas dos depredadores, avanzando cara
a dereita, tras a súa presa. Na segunda garda vemos só unhas
pegadas pequenas. Son as do coello. Ambas gardas aportan información
ao lector sobre o desenlace da historia, aínda sen lela a fondo:
o coello finalmente sae victorioso, e vémolo nas pegadas da garda
final.
|
|
 |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
 |
|
 |
|
FLIS-FLI-RIS-FLAS
(Araceli Gonda / Xosé Tomás)
Editorial Galaxia
Esta obra é un libro que mestura a temática da lectura e o
mar. Os libros e os peixes, a idea de mergullarse na lectura e penetrar
en mundos fascinantes, oníricos. Por ese motivo, a primeira garda
é un mosaico de peixes e un libro, e a segunda contén un moisaico
de libros e un peixe. A idea a transmitir é que na obra ten tanto
peso a lectura como o mar.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
OS
AMIGOS DE SANTI
(Araceli Gonda / Xosé Tomás)
Editorial Galaxia
Santi é un neno que anda na procura de novos amigos. Proba e proba,
e non sempre atina. Finalmente conségueo, e remata a historia. A
portada é deseñada polo ilustrador engadindo un elemento que
non aparece na parte textual do libro: Santi, asomado á ventá,
lanza notas adhesivas á rúa, de cor amarelo, e estas caen.
Non vemos o que levan escrito. Abrimos a cuberta, e na primeira garda satisfacemos
a nosa curiosidade: observamos de cerca o contido desas notas: "ofrécese
amigo para xogar", "se queres pasear polo campo, chámame",
e outras. Esta garda aporta elementos de caracterización do personaxe,
complementando así ao texto interior. Santi convértese nun
neno que precisa compañía, e ata a busca lanzando notiñas
inocentes á rúa.
|
|
 |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
 |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|