|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O
SÉCULO XIX |
|
|
|
|
|
|
|
 |
|
|
Para falarmos de libro infantil con
imaxes, temos que remontarnos ao século XIX, onde os nenos vivían
unha serie de circunstancias moi concretas: por unha banda, tiñan
acceso limitado ao lecer, e este víase limitado ás lecturas
e ao cuarto dos xoguetes.
As opcións que tiñan
relacionadas cos libros eran ben poucas:
|
|
|
|
- Ler os manuais
escolares, que adoitaban amosar gravados.
- Acudir ás
bibliotecas familiares, onde podían atopar de todo. Entre os
libros, estaban as revistas ilustradas, que nesa época vivían
un especial auxe.
- Mercar coas súas
familias os aleluias e romances nas feiras e mercados, aos cegos, que
aportaban xilografías populares, de prezos asequibles, e cunha
enorme variedades.
- Agardar a que nunha
data sinalada lles regalasen un libro escrito especificamente para nenos,
como, por exemplo, os contos de PERRAULT ilustrados por G. DORÉ
(1862). Non podemos esquecer que nesa época naceron grandes editoriais,
como Larousse (1852), ou Flammarion (1878)
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
AS IMPRENTAS |
|
As IMPRENTAS
tamén experimentaron cambios importantes nese período: por
primeira vez aparecen a nivel industrial as bobinas de papel continuo, e
isto vai converter ao libro nun produto xa non artesanal, senón de
produción masiva. E con esta transformación veu tamén
o tratamento da imaxe: a ilustración convertíase nun elemento
útil para competir nesta industria. |
|
|
|
|
|
JULES
VERNE e PIERRE JULES HETZEL
Este editor asinou con Verne un contrato polo que tiña que escribir
dúas novelas xuvenís ao ano, para acercar aos rapaces á
ciencia e a fantasía.
En España, SATURNINO CALLEJA
imita estas edicións, creando cubertas distintivas, e ilustracións
en branco e negro no interior, chegando así ao libro ilustrado
(que non "Álbum ilustrado").
HEINRICH HOFFMAN
Este médico alemán, tras buscar sen éxito un libro
ilustrado para o seu fillo de catro anos, debuxou en 1844 el mesmo unha
serie de historias que despois se farían famosas: DER STRUWWELPETER
(Pedro o descabellado). O editor, Löning, publicou 1500 exemplares,
que se venderon nun mes, e o libro chegou ás cen edicións.
KATE GREENAWAY
A ilustradora inglesa debuxou en 1866 AN APPLE PIE (Un pastel de mazá).
Nel adapta unha rima popular ao que lle acontece ao pastel, que pouco
a pouco aparece máis e máis reducido, aportándolle
así unidade narrativa á historia. Consegue Greenaway tamén
unidade formal entre texto, imaxe, cor e tipografía, algo revolucionario
para aquela época.
|
 |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O
SÉCULO XX |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
En 1917 estala
a REVOLUCIÓN RUSA, e esta vai traer
consigo unha serie de necesidades culturais. Certos editores consideran
que a produción de libros para nenos é un asunto urxente para
reforzar unha identidade cultural. Así, destaca o traballo de algúns
como Bulanov, Ermolaieva ou Levedev.
Algúns dos editores rusos, así como autores, chegaron despois
a París, onde esa pedagoxía se asentou para crear produtos
propios. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
PAUL FAUCHER (1898-1967)
Este editor e pedagogo francés, volcado na aprendizaxe lectora
dos nenos, creou a serie ALBUMS DU PÈRE CASTOR. Grazas a que estaba
interesado en como aprendían os nenos con discapacidades, ou de
contornos marxinais, decatouse de que era preciso modificar o formato
dos libros para adaptarse ás súas múltiples necesidades.
Desta maneira, no álbum que el crea e edita podemos atopar un novo
concepto, posto que as formas varían segundo o proxecto: a imaxe
faise autónoma do texto, converténdose nun elemento de forte
carga pedagóxica, e revoluciona así todos os aspectos do
libro: formato, encadernación, cubertas, etc. Crea así un
novo tipo de libro, con cubertas brandas, formatos pequenos e manexables,
que fan que o libro se converta nun xoguete lúdico e desexable
polos máis pequenos.
JEAN DE BRUNHOFF
O pintor francés crea, en 1931, HISTORIA DE BABAR, EL PEQUEÑO
ELEFANTE. A historia nace da correspondencia que mantén cos seus
fillos. Cun trazo minimalista e ilustracións de formato grande,
crea unha obra de gran simplicidade e espontaneidade, así como
dun elevado valor simbólico. Nestes libro podemos ver as teorías
de Le Corbussier na cidade dos elefantes, ou unha clase Montessori en
O REI BABAR (1932).
En ESPAÑA tomouse boa nota destas obras, e algunhas editoriais
crearon coleccións inspiradas nelas: "La Sirena", de
La Galera; "Tren azul", de Edebé; "Los piratas",
de SM, e outras.
|
|
 |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A
ERA POSTMODERNA |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A partires da época dos 70,
o paradigma social, e a súa relación coa comunicación
cambia radicalmente: a cultura de masas, a aceptación de calquera
tipo de signos e medios comunicativos, a ruptura coa ortodoxia académica,
traen consigo novos medios, novos formatos, novas maneiras de contar historias
e de relacionarse na sociedade.
Na actividade literaria comeza a ter peso o mundo do posible, do concebible,
e nace o fabulismo (Borges, García Márquez, Calvino, ...),
e o mesmo ocorre no plano gráfico (Munari, Mariscal, Warhol,...).
Nace o ÁLBUM ILUSTRADO tal e como
hoxe o concebimos: un libro no que a imaxe non só cobra importancia,
senón no que adquire unha nova función comunicativa.
|
|
|
ONDE VIVEN OS MONSTROS
(1963)
O americano Maurice Sendack consegue nesta obra rahcar ccos límites
habituais do libro ilustrado: desborda a dobre páxina, xoga cos
zooms cinematográficos, e rompe a convención dos monstros
vencidos polos humanos.
PEQUENO AZUL E PEQUENO AMARELO (1962)
O publicitario americano Leo Lioni
vai máis alá e conta unha historia con formas abstractas
de cores azul e amarelo: de cómo se mesturan, e de cómo
as súas familias non recoñecen ao seu fillo verde como propio.
Unha historia transgresora nas formas, cunha fonda carga emocional.
O GLOBIÑO VERMELLO (1967)
A deseñadora italiana Iela
Mari estaba especializada na didáctica da imaxe con nenos discapacitados.
Presenta nesta obra todo tipo de transformacións experimentadas
por unha forma redondeada vermella. O feito de que a obra non ten texto
fai que a imaxe o conte todo, e demande do lector un esforzo interpretativo,
de degranación simbólica.
FLICTS (1968)
O publicista brasileiro Ziraldo deseña unha obra fascinante sobre
unha cor inexistente, Flicts. Ningunha outra cor quere mesturarse con
el, nin recibe aceptación de ninguén, pola súa identidade
singular e diferente. A tipografía cobra tamén vida, para
ser parte integrante da mensaxe global do libro. Flicts é, finalmente,
a cor da lúa. O propio Neil Amstrong, cando pisou o satélite,
chegou a dicir "The moon is flicts!" (a lúa é
realmente flicts).
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Estas catro obras
son consideradas hoxe os pilares fundamentais do álbum ilustrado
moderno, e en todos eles podemos atopar unha serie de características
comúns:
|
|
|
- Establecen un cruce
narrativo entre texto e imaxe (en ocasións o texto nin aparece).
- Establecen unha serie de secuencias narrativas marcadas pola imaxe,
creando así a idea de cadencia.
- Un alto valor comunicativo: o autor experimenta co formal para chegar
a un lector que ten que ser sorprendido.
- O álbum ilustrado é o produto narrativo dunha reinvención
do coñecemento, como algo aberto, flexible, adaptativo
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|