PLANETA PANCELIA

UN PROXECTO GRUPAL: CREAMOS O UNIVERSO DUN NOVO PLANETA, UNHA NOVA CIVILIZACIÓN:

PANCELIA
Organizámonos en equipo, distribuimos o traballo, e comezamos a deseñar todos os aspectos desa civilización, porque o hai que crear TODO: os vehículos, os animais, as vivendas, e combinamos as nosas imaxes con relatos textuais, con descricións e explicacións dos detalles deste novo microcosmos.

O importante deste proxecto é a relación que mantemos co noso equipo: somos grupos de creativos e creativas, que discuten, que poñen en común as súas ideas. Tedes que decidir moitas cousas, como por exemplo:

  • Que características comúns teñen os habitantes de Pancelia? Teñen ás para voar, ou antenas, ou catro patas, ou un ollo...? Que comen?
  • Son as vivendas semellantes ás nosas? Ou teñen algunha peculiaridade? Son flotantes?...
  • A fauna é moi diversa? Cantas especies animais existen? Podemos distribuirnos para crear subespecies, ...
  • A flora é totalmente vexetal, ou híbrida vexetal-animal? Que relación teñen os habitantes coa flora?
  • Como se desprazan os habitantes? Voan os vehículos? Son tamén acuáticos? Porque... hai auga no planeta?
  • Chove en Pancelia? Hai vento? Teñen atmosfera? Vai moita calor? Ou frío?

Cando todo estea decidido e pactado, poñémonos a traballar, a crear todo o anterior. Despois, unha vez feito, pode poñerse todo nunha parede, nun mural, para que os dos outros grupos poidan ter unha visión de conxunto do planeta, e comprendelo todo.