![]() |
|||||||||||||||||||||||||
|
A vida dun ilustrador é, ante todo, unha constante aventura. Aventura porque se traballa nun terreo apaixoante, que proporciona placer por crear. Aventura porque cada día é diferente, e porque os proxectos varían constantemente: non só en temáticas, senón mesmo en técnicas, medios, etc. Un día traballas nun álbum ilustrado, outro en humor gráfico para prensa, e outro en banda deseñada, cartelismo, ou materiais multimedia. Tes que estar disposto aos cambios, a cambiar a túa perspectiva, a pensar en diferentes destinatarios, e a adaptarte a cada nova esixencia. E tamén é unha aventura porque non só consiste en crear materiais e obras. Tamén é preciso acudir ás editoriais, ás institucións, mesmo ás imprentas. E ademais, existe o labor da difusión: charlas, obradoiros didácticos, participación en encontros con outros profesionais, presentacións de obras, organización de exposicións, etc. |
![]() |
||||||||||||||||||||||||
|
A CREACIÓN DUNHA OBRA UN EXEMPLO: "O NENO QUE TIÑA MEDO DOS ROBOTS / O ROBOT QUE TIÑA MEDO DOS NENOS" EDEBÉ-RODEIRA |
|
![]() |
|||||||||||||||||||||||
|
É preciso poñerse a traballar. E ambos deciden que se vai tratar dunha historia de paralelismos, para fusionar idea e forma: os medos do neno son os mesmos medos que os do robot. E os dous comparten vidas semellantes: almorzan, dúchanse, van ao baño, escoitan aos seus pais, reciben todos os seus medos, saen á rúa, asústanse, vense vir mutuamente e...coñécense.Cómpre pensar nas solucións técnicas e gráficas. Unha metade lese nun sentido, mentres que a outra lese no outro. Como facer unha viñeta central, común ás dúas historias, que se poida ler nos dous sentidos? |
|||||||||||||||||||||||||
![]() |
Comeza a discusión, a reflexión entre ambos creadores, e finalmente xorde a solución: unha escena en plano picado, máis ben cenital, dende arriba. Así poderase ler en calquera dirección, virando o libro, dende a esquerda, dende a dereita, dende arriba, e dende abaixo. Unha vez tomada esta decisión, crucial e definitiva para a obra, comezan a construír un mundo arredor dos personaxes. O texto falaba de rúas, de casas, dun mundo no que cohabitaban humanos e robots, pero non precisaba máis detalles. O ilustrador, aplicando a perspectiva dos desbordamentos creativos, é neste caso o encargado de cubrir todos ese baleiros, e crear unha indentidade visual ao libro. Entón aparece unha reflexión, baseada na idea de contrarios que non son tan diferentes: o neno e o robot. |
||||||||||||||||||||||||
|
Coa intención de acercar aos protagonistas, que non son tan antagonistas, pénsase nun tempo futuro, máis ben futurista. Neste mundo os robots chegaron ao nivel intelectual e emocional (moi importante este dato) dos humanos. E os humanos acadaron un alto grao de sofisticación tecnolóxica. Había que crear unha identidade aos robots, unha especie de aspecto global, e a conclusión foi que tiñan que estar feitos de refugallos, de lixo reciclado, dos restos que os humanos debotan das súas máquinas. Esta decisión confiriulles aos personaxes robots un aspecto "familiar" para os lectores infantís: son robots, son máquinas, si, pero están feitas de elementos que todos coñecemos ben, e que forman parte das nosas vidas: secadores de pelo, aspiradoras, cafeteiras, surtidores de gasolina, lavadoras, etc. Os robots estana "humanizados". Os humanos, pola contra, estaba nun estadio de tecnocratización excesiva. O neno, Luisiño, cando senta no WC, nin sequera toca o chan, porque o lugar onde fai as súas necesidade levita mentres tanto. As casas dos humanos son frías, tecnolóxicas, demasiado perfectas, en contra das imperfeccións dos robots. Desta maneira os robots humanízanse e os humanos robotízanse. Non son tan diferentes. E os medos, por tanto, son infundados. E así, durante un tempo, o ilustrador buscou e procurou ideas de aparellos "familiares" para construír a toda unha galería de personaxes. |
|||||||||||||||||||||||||
![]() |
![]() |
||||||||||||||||||||||||
|
A cociña do robot está chea de aparellos reutilizados: unha tostadora de disquettes, unha caixa de cereales chea de pernos, mazás de lata, aceiteiras, etc. A cociña humana é flotante: os elementos levitan sobre a mesa e sobre o chan. E ata o can que teñen é robótico, moito menos expresivo que o can que teñen os robots. Ambos autores pretenden así crear dous universos que se tocan, a pesares das diferencias. E queren contar así que os prexuízos cara os diferentes perviven durante os séculos: os humanos seguen tendo medos infundados sobre os robots, e viceversa. Unha vez que obra está concebida, o seguinte paso é cautivar a unha editorial que confíe no proxecto, sendo este tan arriscado formalmente. Nesta ocasión, EDEBÉ-RODEIRA acolleu o libro, e decidiu editalo en castelán e galego, comercializándoo en toda España.
|
|||||||||||||||||||||||||
|
A DIFUSIÓN DA OBRA
|
|||||||||||||||||||||||||
![]() |
|||||||||||||||||||||||||
|
Os ilustradores non só crean a súa obra dende a soidade do estudio. Ademais, saen á rúa, aos colexios e institutos, ás facultades, ás bibliotecas, e falan das súas obras. No caso do libro mencionado, tanto escritor como ilustrador realizaron obradoiros arredor del, impartiron charlas a nenos e nenas, e tamén a docentes, fixeron demostracións en vivo de como se xestou a obra, e mesmo utilizaron elementos audiovisuais para crear atmosferas mentres iso ocorría. |
|||||||||||||||||||||||||
![]() |
|||||||||||||||||||||||||
| Os obradoiros de ilustración son un medio excelente para que os lectores coñezan o álbum ilustrado, os seus tipos, as súas partes, a súa historia. | |||||||||||||||||||||||||
| Con exercicios prácticos, xogos creativos e un longo número de prácticas percátanse da importancia de comunicar coas imaxes, unha linguaxe que os sistemas educativos en xeral descoidan con frecuencia. | |||||||||||||||||||||||||
![]() |
|||||||||||||||||||||||||
![]() |
As visitas aos medios de comunicación son igualmente parte do traballo cotián dun ilustrador: ás veces para promocionar obras que acaban de saír publicadas; noutras ocasións para participar en tertulias ou entrevistas sobre, precisamente, o oficio da ilustración. Participar nos medios (prensa, radio, internet, televisión) é fundamental para dar a coñecer un medio que a sociedade, en ocasións, descoñece, ou non coñece en profundidade. É preciso falar da ilustración, dos efectos comunicativos que posúe, da importancia da imaxe, en ocasións por riba da palabra. |
||||||||||||||||||||||||
|
A
continuación, dous vídeos explicativos da xestación
de obras visuais, así como da profesión de ilustrador:
|
|||||||||||||||||||||||||
![]() |
![]() |
||||||||||||||||||||||||
|
ENTREVISTA A UN ILUSTRADOR: DANI PADRÓN Os seus segredos creativos, as súas reflexións, o seu día a día nunha profesión tan sacrificada como ilusionante. |
|||||||||||||||||||||||||
|
Dani Padrón (Ourense, 1983) http://daniipadron.blogspot.com.es |
|||||||||||||||||||||||||
| Cantos
anos levas dedicado á ilustración como profesión? O primeiro libro que ilustrei saíu no ano 2011, e fixen varios nos dous anos seguintes. Vivindo de ilustrar levo menos tempo, diría que estou no meu terceiro ano. Como foi a túa
relación co debuxo e a expresión plástica cando eras
pequeno? Houbo algún
mestre ou mestra que che axudasen a saír adiante como creador visual? No panorama galego
ti es unha figura indiscutible da ilustración para libro infantil.
Que significa para ti facer ilustracións para pequenos? Poderías describir
o teu proceso de traballo cun escritor cando creades un libro conxunto? Efectivamente. No
caso da escritora María Canosa, con quen tes feito varios libros,
como funciona a relación profesional cando os dous creadores se
van coñecendo cada vez máis? Lembras algún
traballo que che quitase o sono polas noites? Cando te enfrontas
a un álbum ilustrado, como é o teu proceso habitual de traballo?:
Como organizas os tempos? Como e cando pasas do texto ás imaxes?
Realizas moitos bocexos? Como decides a técnica?...Cóntanos
todos eses "segredos". Escoitas música
cando debuxas? Dinos unha obra ou un autor que te teña inspirado. Menciona un ou varios
ilustradores que te marcasen. Cando vas a unha libraría
a mercar un álbum ilustrado, en que te fixas? Pensando nos futuros
ilustradores e ilustradoras de Galicia, que lles dirías aos que
queren comezar nisto profesionalmente? Que opinas da estimulación
da creatividade nas escolas en xeral? Mil grazas, mestre! |
|||||||||||||||||||||||||