![]() |
|||||||||||||||||||||||||||
![]() |
|||||||||||||||||||||||||||
|
(SECCIÓN PARA ARTISTAS DE TODAS AS IDADES) |
|||||||||||||||||||||||||||
| "COMO SE FAI UN ÁLBUM ILUSTRADO?" | |||||||||||||||||||||||||||
| 1º PASO: QUEN COMEZA? | |||||||||||||||||||||||||||
|
A pregunta normalmente ten unha resposta sinxela, rápida, aparentemente lóxica: o escritor ou escritora ten unha idea, que desenvolve nun texto. O ilustrador ven despois, co fin de crear imaxes para ese texto. 1º o escrito - 2º o ilustrador??? Pero a realidade non sempre é así. Máis ben, a realidade é case sempre diferente, especialmente cando ambos creadores forman un equipo cohesionado |
|||||||||||||||||||||||||||
|
Vexamos un exemplo: Durante unha vaga de incendios por toda Galicia, a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) propón aos ilustradores e ilustradoras de toda a Comunidade que creen unha imaxe sobre o tema. A maioría elaboran ilustración reflexivas, que fan pensar cara onde imos, sobre o respecto á natureza, sobre os comportamentos cívicos. Un ilustrador, Xosé Tomás, fai a súa imaxe: |
|||||||||||||||||||||||||||
|
A continuación, unha escritora, CHARO PITA, observando a imaxe, decide escribir un poema inspirado nela. Neste caso, non é o texto a primeira obra en xurdir. Pola contra, trátase dunha imaxe que posteriormente dá pé a que se escriba unha historia. Desta maneira xorden moitos libros, moitos álbumes ilustrados. E cando a complicidade de ambos autores é real, a obra vai e vén, dun ao outro, e ambos creadores se interveñen, se funden, para crear unha obra conxunta. |
|||||||||||||||||||||||||||
![]() |
Profundas eran as nais nos días de marzo, Intensamente ocupadas en ser desencadeaban fillos imprevisibles fortes, Eran intensamente. Os seus corposde abondosa espesura bailaban a vida do pan cotián fornecido en praceres e colgaban frautas dos seus cabelos bestiais por onde ouveaban o vento do freixo e o voo das ameixeiras. Fermosos eran os fillos nados de tanta nai como o galope das madreñas por entre o peito do monte, aloumiñando a ceibe vontade dos volcans. Charo Pita |
||||||||||||||||||||||||||
| 2º PASO: COMO SE FAI? | |||||||||||||||||||||||||||
|
Crear unha IDENTIDADE: personaxes,
atmosfera, trasfondo, cores, técnica, ... : |
|||||||||||||||||||||||||||
![]() |
|||||||||||||||||||||||||||
| Obras ilustradas por Xosé Tomás. Por orde, de arriba abaixo, de esquerda a dereita: (El niño que tenía miedo de los robots/El robot que tenía miedo de los niños, Editorial Edebé; El gran libro de relatos de piratas y corsarios, Editorial Parramón; María é maior, Baía Edicións, O arco da vella, Edicións Xerais; O pirata Metepata, Baía Edicións). | |||||||||||||||||||||||||||
| Unha vez que a identidade da obra é creada, ambos autores se poñen a traballar. Acomodan as súas técnicas, revisan os seus traballos mutos, falan, analizan o feito, modifican detalles. E cando a obra está lista, comeza entón un periplo empresarial: | |||||||||||||||||||||||||||
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
||||||||||||||||||||||||
|
As canles de distribución son unha parte moi importante do proceso. Un libro pode ser unha obra mestra da literatura, e así mesmo da ilustración. Pero se a distribución é escasa, insuficiente, ou pouco eficaz, esa obra pode estar condenada ao esquecemento. Pola contra, se a dsitribución é boa, o libro pode chegar a todo tipo de librarías, de plataformas multiproduto, a espazos de venda dixital, a bibliotecas, a revistas difusoras de novidades, etc. Na distribución do libro implícanse as editoriais, e ambas empresas traballan conxuntamente para que a obra chegue ao verdadeiro punto de interese: o lector. |
Son o máis importante. O destinatario. Cando escritor e ilustrador traballan nun proxecto, teñen sempre en mente un receptor da súa mensaxe. As obras ilustradas poden estar pensadas para un lector infantil, pero na maioría dos casos o gran éxito está en que este non estea limitado. Así, obras como as de Shaun Tan están pensadas para calquera tipo de público. A explicación disto é que son imaxes moi evocadoras, de interpretacións tan abertas, poliédricas e polisémicas, que calquera lector pode apropiarse delas dunha maneira diferente e personalizada. E no álbum ilustrado é moi frecuente que non só o libro chegue ao lector. Ás veces os autores tamén chegan, fisicamente: en encontros, obradoiros de ilustración, de escritura, en talleres arredor da obra, para experimentar o mesmo que experimentaron os autores cando a crearon, para estimular a curiosidade polo proceso, para ver de primeira man bocexos, fases previas a lapis, acabados, libretas de notas de autor, etc. Hoxe en día os centros educativos e as bibliotecas adican boa parte dos seus esforzos a dinamizar as obras. |
||||||||||||||||||||||||||
|
Atopar unha editorial que crea no proxecto é fundamental. Nesta parte do proceso é moi importante que exista complicidade cos editores. Eles van arriscar economicamente, e precisan ter garantías de que o traballo terá un mínimo éxito. En moitas ocasións as editoras teñen coleccións propias, e o proxecto pode encaixar nela. Para iso hai que adaptarse aos formatos, á extensión do texto, e as imaxes deben pousír unhas determinadas características: formato, policromía/bicromía/monocromía, estilo xeral, maior ou menor risco en deseño, e moitas máis condicións. Nalgunhas ocasións, as editoriais confían tanto nun proxecto que lle chega, que acceden a crear un libro especial, cunhas características propias, fóra de colección, porque así o pide a obra. Neste caso o risco é maior, pero normalmente a confianza é tan alta no produto final, que todo se fai coa ilusión de que chegue aos lectores de maneira especial. |
|||||||||||||||||||||||||||
|
O proceso de imprenta é sumamente importante para a calidade do libro. Hai moitas decisións a tomar: o tipo de papel, a gramaxe, a textura, a cor (se é o caso). E cómpre que haxa certa comunicación entre o ilustrador, o deseñador, e a imprenta, para que as cores se plasmen da maneira máis fiel posible. Para que os cortes das páxinas coincidan cos criterios estéticos e artísticos. Para que, ás veces, se fagan experimentos formais: troquelados para crear un burato na cuberta; solapas que estendan a información da cuberta ou contracuberta; máquinas especiais para facer libros de formatos irregulares; e un cento de posibilidades, as que ofrece o novo concepto de álbum ilustrado. Para que a obra impresa teña unha relación íntima co proxecto deseñado, é fundamental que se analicen probas provisionais antes de facer tiradas definitivas. Só así se pode ir axustando, subindo o brillo, baixando o contraste, etc. |
|||||||||||||||||||||||||||
| EXEMPLOS DE PROCESOS DE CREACIÓN: | |||||||||||||||||||||||||||
![]() |
|||||||||||||||||||||||||||
![]() |
![]() |
||||||||||||||||||||||||||
![]() |
|||||||||||||||||||||||||||