O día Escolar da Non Violencia e da Paz celébrase desde o ano 1964. Xorde dunha iniciativa pioneira, non gobernamental, independente, e voluntaria de Educación Non-violenta e Pacificadora do profesor e poeta Llorenç Vidal. Desde 1964 celebramos o 30 de xaneiro o Día Escolar da Non Violencia e a Paz.
No1993 a Organización das Nacións Unidas (ONU) recoñece o 30 de xaneiro como o Día Internacional da Paz e Non Violencia. Esta data foi escollida para conmemorar a morte de Gandhi no 1948.
Nesta data lémbrase a necesidade da educación para a tolerancia, a solidariedade, o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz.
O lema deste día é: "amor universal, non-violencia e paz".
Nas escolas pretendemos inculcar unha cultura de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión.
Este día non se celbrou nas escolas galegas ata o 1982.
Símbolos da Paz
Na actualidade, unha pomba co ramo de oliveira
no seu pico simboliza o desexo de manter a paz que se alcanzou. Ás veces lánzase unha pomba para que voe: simboliza o desexo de paz ao enviar un mensaxeiro que a transmita.
En 1949, despois da Segunda Guerra Mundial, celebrouse en Paris un Congreso da Paz organizado polo Movemento Mundial dos Partidarios da Paz. Picasso deseñou o debuxo da pomba símbolo da paz.
Símbolos da Paz
O símbolo máis estendido da paz consiste nun círculo con catro liñas no seu interior.
A súa orixe débese ao deseñador e objetor de conciencia británico Gerald Holtom, que o creou en 1958 para a Campaña polo Desarmamento Nuclear (CND) Para iso baseouse nas letras N D (Nuclear Disarmament) segundo o alfabeto mariño de bandeiras.
Este símbolo tivo a súa etapa máis representativa na década dos 60 coa cultura hippy e o movemento de oposición da guerra de Vietnam e cos punks dos 70. Posteriormente o seu significado estendeuse ao sentido máis xeral de ?paz? co que se interpreta hoxe, e o símbolo foise ligando ao da pomba branca. As liñas poden representar a pata da pomba e, o circulo, a Terra; desta forma simbolízase a paz mundial.
Símbolos da Paz
A bandeira branca é o símbolo internacional da paz. Úsase especialmente nas guerras ou conflitos e ten diversos significados: cesamento do fogo, tregua, cesamento das hostilidades, solicitude de parlamentar co inimigo, rendición. Está aceptada oficialmente desde
a Convención de Xenebra de 1864 e considérase un crime de guerra usala de forma inapropiada ou enganosa.
Símbolos da Paz
O asasinato por parte de ETA, o 14 de febreiro de 1996, do ex presidente do Tribunal Constitucional Francisco Tomás e Valente provocou unha gran manifestación de repulsa dos estudantes que simbolizaron coas súas mans brancas.Foi a primeira vez que varios miles de alumnos se concentraron ante a Facultade de Dereito da Universidade Autónoma de Madrid coas súas mans alzadas cara adiante e coas palmas pintadas de branco para expresar o seu desexo dunha convivencia pacífica.
Dende aquela tamén se considera símbolo da paz.
Premios Nobel da Paz
O Premio Nobel da Paz é entregado anualmente polo Comité Nobel Noruegués «á persoa ou institución que fixo o mellor traballo ou a maior cantidade de contribucións para a fraternidade entre as nacións, a supresión ou redución de exércitos así como a participación e promoción de congresos de paz e dereitos humanos no ano inmediatamente anterior.
O Premio Nobel da Paz é un dos cinco premios Nobel instituído polo inventor e industrial sueco Alfred Nobel. Mentres que os de Física, Química, Medicina e Literatura son entregados en Estocolmo, o Premio Nobel da Paz é entregado en Oslo, a capital de Noruega.
Entre as institucións que o recibiron temos: Comité Internacional da Cruz Vermella, UNICEF, Amnistía Internacional, Organización para a prohibición das armas químicas...
A continuación algunhas persoas que recibiron este premio.
Gandhi
O seu verdadeiro nome era Mohandas Karamchand Gandhi. Naceu o 2 de outubro en Porbandar, India, en 1869. Os seus achegados chamábanlle Mahatma, que, en sánscrito, significa ""Alma Grande". Casou aos 13 anos e tivo 4 fillos.
Estudou leis en Londres e no 1981 regresa á India para exercer. No 1983 foi traballar como avogado a África do Sur e loitou alí contra a discriminación de que eran obxecto os indios. Ao volver á India organizou a resistencia non violenta (a súa filosofía, de base relixiosa, tiña por principio fundamental a non violencia) contra o colonialismo e a non cooperación coa administración inglesa. Tratou de frear os choques entre hindús e musulmáns que se produciron tras a independencia en agosto de 1947 (os colonialistas británicos impuxeron como condición para retirar as súas tropas, a división da India en dous estados, India e Paquistán, un hindú e outro musulmán). Encarcerado en numerosas ocasións, era en 1937 o líder dun movemento independentista capaz de mobilizar ou deter a millóns de indios. Morreu o 30 de xaneiro de 1948.
O seu exemplo de protesta non violenta aínda é reverenciado en todo o mundo hoxe en día.
Martin Luther King
Líder da Conferencia do Liderado Cristián do Sur. Activista polos dereitos civís. O 28 de Agosto de 1963 dirixiu a histórica marcha, a marcha do pobo pobre a Washington onde pronunciou o seu famoso discurso "Teño un soño". Organizou e liderou marchas para conseguir o dereito ao voto, a fin da segregación, a fin das discriminacións no traballo e outros dereitos civís básicos. A maioría despois contemplados na Lei de Dereitos Civís (1964) e na Lei de Dereitos Electorais (1965).Tiña unha filosofía de protesta non violenta. Defensor da Paz e contra as guerras independentemente da cor das persoas. Foi asasinado.
Recibiu o premio no 1964.
Teresa de Calcuta
Nada como Agnes Gonxha Bojaxhiu en Skopje (daquela no Imperio Otomán, actualmente República de Macedonia), o 26 de agosto de 1910 e falecida en Calcuta (India) o 5 de setembro de 1997, foi unha relixiosa católica albanesa coñecida pola súa labor humanitario na India. Foi beatificada polo Papa Xoán Paulo II en 2003 e desde a súa canonización polo papa Francisco o 4 de setembro de 2016 é venerada como santa na Igrexa Católica. É a primeira persoa galardoada co Premio Nobel da Paz santa. Recibe o premio en 1979.
Dalai Lama
Jetsun Jamphel Ngawang Lobsang Yeshe Tenzin Gyatso ou Tenzin Gyatso (nomes relixiosos), Lhamo Dondrub (nome de nacemento), nado o 6 de xullo de 1935 na localidade tibetana de Taktser, rexión de Amdo, é o 14º e actual Dalai Lama. O líder político e relixioso do pobo tibetano. Outro gran pacifista. Defensor ardente da paz e a pluralidade ideolóxica. O Dalai Lama (que significa "Océano de Sabedoría") está a favor da bondade e a compaixón, o respecto ao medio ambiente e, por encima de todo, a paz mundial. O obxectivo principal é, servir á humanidade. Premio Nobel 1989
Rigoberta Menchú Tum
Nada en Uspantán, Quiché o 9 de xaneiro de 1959. Activista dos dereitos humanos de Guatemala. De familia campesiña cunha vida marcada polo sufrimento da pobreza, a discriminación racial e a violenta represión. Membros da súa familia, foron torturados e asasinados.
Iniciou unha campaña pacífica de denuncia do réxime guatemalteco e da sistemática violación dos dereitos humanos de que eran obxecto os campesiños indíxenas. Denunciou a situación da muller indíxena en Hispanoamérica.
É embaixadora de Boa Vontade da Unesco e Premio Príncipe de Asturias
Recibiu o Premio Nobel en 1992
Nelson Mandela
Mvezo 18.07.1918 - Xohanesburgo 5.12.2013. Activista contra aparheid, político e filántropo. Presidente de Suráfrica do 94 ao 99. Preso político durante máis de 25 anos. Presentou a chamada "Comisión da Verdade e a Reconciliación". Foi o primeiro mandatario de raza negra que encabezou o poder executivo, e tamén o primeiro en resultar elixido por sufraxio universal no seu país. Presidiu o Congreso Nacional Africano (CNA) e foi secretario xeral do Movemento de Países Non Aliñados entre 1998 e 1999. En Suráfrica é coñecido como Madiba. Nobel no 1993.
Kofi Atta Annan
Nado o 8 de abril de 1938 en Kumasi, Ghana. De orixe nobre na súa terra natal, o seu nome significa "nacido nun venres". Despois de comezar a estudar Economía na Universidade de Ciencia e Tecnoloxía de Kumasi, Kofi recibiu unha bolsa para continuar os seus estudos nos EUA.
Considerado Premio Nobel polo seu traballo para ter un mundo mellor e máis pacífico. Tamén apoiou e colaborou nas súas obrigacións con respecto aos dereitos humanos e os novos retos como o VIH/SIDA e o terrorismo. Premio Nobel no 2001.
Shirin Ebadi
Irán 1947, foi a primeira iraní e a primeira muller musulmá en gañar o Premio Nobel da Paz no 2003. Concedéronllo pola súa loita pola democracia e os dereitos humanos, centrándose na loita polos dereitos das mulleres e nenos.
Aos 26 anos converteuse na primeira muller xuíza do seu pais. Entre 1975 y 1979 presidiu o Tribunal de Primeira Instancia da cidade de Teherán. Trala Revolución foi obrigada a dimitir, pasando a traballar como avogada e profesora de xurisprudencia islámica na Universidade.
É co-fundadora das organizacións non gobernamentais: Asociación da Defensa dos Dereitos da Infancia e do Centro de Defensores dos Dereitos Humanos.
Wangari Muta Maathai
Nada en Nyeri o 1 de abril de 1940 e finada en Nairobi o 26 de setembro de 2011, foi unha activista medio-ambiental e política kenyana.
Recibiu o Premio Nobel da Paz en 2004 polo seu labor en defensa da natureza e a potenciación ao mesmo tempo do labor da muller, a través da plantación de máis de 30 millóns de árbores. Foi a primeira muller africana en recibilo. A doutora Maathai foi membro electa no parlamento e ministra de Medio Ambiente e Recursos Naturais dentro do goberno presidido por Mwai Kibaki até novembro de 2005.
Malala Yousafzai
Nada o 12 de xullo de 1997, é unha activista a prol da educación feminina en Paquistán, e a persoa máis nova en recibir un Premio Nobel en calquera categoría.
É coñecida pola súa defensa dos dereitos humanos, en especial o dereito á educación e os dereitos das mulleres no Val de Swat, no noroeste de Paquistán, onde os talibáns prohibiran ás mulleres asistir ó colexio. A loita de Yousafzai converteuse dende entón nun movemento internacional.
Premio Nobel no 2014.
PALABRAS DA PAZ
A... amizade, amor
B...bondade, bicos
C...comprensión, colaboración, compartir
D...diálogo, dar
E...esperanza, esforzo, escoitar
F... familia, falar, facilitar
G...gratitude, galante
H...harmonía, hospitalidade
I... ilusión, Imaxinación
L... liberdade, ledicia
M... mimar, mellorar
N... negociar, namorar, natureza
O... obedecer, orientar
P... perdoar, protexer
Q... querer
R... respecto, rir
S... sinceridade, soñar, sentir
T... tolerancia, tranquilidade
U...unión, unificar
V...vivir, valorar
X... xenerosidade, xuntar