Page 23 - A cor
P. 23
Gamas en función das sensacións térmicas:
Cores cálidas: que levan maxenta e/ou amarelo na
súa composición, pero non levan cian.
Cores frías: son as que levan azul na súa composición.
Cores temperadas ou neutras: son as cores que están nos límites, púrpuras e amarelos
verdosos son cores que cando están entre cores cálidas semellan frías, e cando se atopan no
medio das cores frías semellan cálidas.
As cores purpuradas e os verdes moi amarelentos son un exemplo destas
cores neutras.
Das cores podemos facer unha lectura psicolóxica, de feito os tons cálidos chámanse así
porque os relacionamos con elementos de calor, lume, sol, incandescencia... E os tons fríos
refírennos máis cara a situacións de baixa temperatura.