Aquí tes unha serie de anotacións da obra O achado do castro, de Manuel Núñez Singala; deberás clasificalas tendo en conta o tipo de información que ofrecen.
Persoais paraverbais: refírense á entoación, actitude… dos actores e actrices. Persoais corporais: aparencia (maquillaxe, peiteado, vestiario…) e expresión (xesto, movemento…) Persoais operativas: accións (comer, correr, marchar…) Espaciais: decorado, iluminación, accesorios… Temporais: ritmo, pausas… Sonoras: música, silencios, ruídos..