Aquí tes unha curtametraxe sobre un relato de Ánxel Fole; despois de vela, deberás responder as seguintes preguntas:
Curtametraxe sobre o relato "Os defuntos falaban castelao", pertencente Á lus do candil, de Ánxel Fole. Lúa Films e Algarabía Animación.
Ficha extraída de AVG. O soportal do audiovisual galego. Consello da cultura galega.
Como son os personaxes da tía Remedios e o tío Venancio?
Remedios é malvada e aproveitada, pero Venancio é un simple infeliz
Os dous aparecen como seres malvados, capaces de ter secuestrada a súa sobriña
Venancio é o artífice do secuestro e non lle permite a Remedios axudar a María
Remedios é unha bruxa que, finalmente, acaba arrepentíndose e deixando marchar a María.
En canto ó tempo interno do relato:
Abrangue parte dun día e masi parte da noite seguinte
Abarca tres días enteiros
O tempo transcorre desde un día pola mañá cedo ata a tarde do día seguinte
A acción transcorre ó longo de todo o Día de Defuntos
Polo que respecta ó tempo externo:
A acción ocorre en torno ó Día de Defuntos
Non hai referencias ó tempo externo
Abrangue parte dun día e mais parte da noite seguinte
Que é o que provoca o enredo?
A conversa que mantiñan os namorados no camposanto
O secuestro de María
A relación dos tíos de María co resto do pobo
Cales son os espazos principais?
A taberna e o camposanto
A casa de María e a taberna
O camiño, a casa de María e o camposanto
A taberna, a casa de María e o camiño
Esta curtametraxe é a adaptación dun relato de Fole que comeza así: “Nunha vila da ribeira do Sil aconteceu o que vos vou contar. Fixérame moita graza cando o ouvira.” Que tipo de narrador emprega?
Narrador testemuña, posto que relata algo segundo a el llo contaron
Narrador testemuña, posto que é un personaxe secundario do relato
Narrador protagonista, xa que conta o que lle aconteceu a el.
Por que deciden os clientes da taberna achegarse ó camposanto?
Porque pensan que pode haber ladróns
Para comprobar se é certo que os mortos falaban
Non deciden isto, pois só pensan en agacharse
Cal é a primeira reacción dos clientes da taberna cando o rapaz di que os defuntos quedaban falando no camposanto?
Primeiro sorpréndense e despois comezan a rir
Escapan todos polo medo que colleron
Non lle fan caso, case nin o escoitan
A que personaxe se refire esta descrición que aparece no relato escrito: “era o dono dunhas das casas máis pudentes da ribeira”, “era un señor de gran fachenda, alto e forte”, “se chegaba o caso, ninguén tan afogueirado coma el”?
Don Ramiro
Don Venancio
O taberneiro
O enterrador
Cando comeza a asustarse o cazador?
Cando oe as voces do cemiterio aludindo “ó da barba”