EU EN TI

Le o poema para sinalar a opción correcta.
Podes escoitar algunha versión musicada no blog "son de poetas", concretamente AQUÍ

EU EN TI, Celso Emilio Ferreiro

Eu xa te busquei
cando o mundo era una pedra intacta.
Cando as cousas buscaban os seus nomes,
eu xa te buscaba.

Eu xa te procurei
no comezo dos mares e das chairas.
Cando Deus procuraba compañía
eu xa te procuraba.

Eu xa te chamei
cando só a voz do vento soaba.
Cando o silencio chamaba polas verbas,
eu xa te chamaba.

Eu xa te namorei
cando o amor era unha folla branca.
Cando a lúa namoraba os outos cumes,
eu xa te namoraba.

Sempre,
dende a neve dos tempos,
eu, na túa alma.

Celso Emilio Ferreiro, O soño sulagado