Escoita como Marina Mayoral recita este poema de Rosalía de Castro.
Vídeo da Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes (http://www.cervantesvirtual.com/portales/rosalia_de_castro/672721_unha_vez/). Publicado o 21 de xullo de 2014
Unha vez tiven un cravo cravado no corazón, i eu non me acordo xa se era aquel cravo de ouro, de ferro ou de amor. Soio sei que me fixo un mal tan fondo, que tanto me atormentóu, que eu día e noite sin cesar choraba cal choróu Madalena na Pasión. “Señor, que todo o podedes -pedínlle unha vez a Dios-, dáime valor para arrincar dun golpe cravo de tal condición”. E doumo Dios, arrinquéino. Mais…¿quén pensara…? Despois xa non sentín máis tormentos nin soupen qué era delor; soupen só que non sei qué me faltaba en donde o cravo faltóu, e seica..., seica tiven soidades daquela pena…¡Bon Dios! Este barro mortal que envolve o esprito ¡quén o entenderá, Señor!…
Rosalía de Castro, Follas novas (1880)
Sinala o tema do poema
A nostalxia dunha dor
Os choros de “Madalena da Pasión”
O material do que están feitos os cravos
A pena por un amor non correspondido
Que pode simbolizar o cravo?
Unha pena, unha dor
Pequena barra de metal rematada en punta
As bágoas de “Madalena na Pasión”
O barro mortal
Que significan os versos 3 e 4?
Que non lembra cal era o motivo da pena que tiña
Que a pena que tiña era por amor
Que o cravo estaba feito de ouro e ferro
Por que hai comiñas dos versos 9 ó 12?
Reproducen as palabras texuais que lle dirixe a Deus
Reproducen as palabras textuais que lle dixo Deus
Expresan un forte desexo
Porque están na metade do poema
Como se libra do cravo?
Deus concédelle ese desexo
Arríncao un día, tras unha noite de moito penar
Levántase un día e descobre que xa non o ten
Roubáronllo, por iso está triste
Como se sentiu despois de liberarse do cravo?
Ben, pois xa non sentía ningunha dor.
Mal, porque botaba e falta esa dor.
Indica cal destas afirmacións é a correcta
Pódese dicir que sempre ten unha dor presente, sexa polo cravo, sexa pola súa nostalxia
A autora séntese liberada cando deixa de sentir a dor que lle produce o cravo
O cravo simboliza un amor perdido que, finalmente, regresa
Que simboliza o “barro mortal que envolve o esprito”?
O corpo
O cravo
O amor que regresou
A dor perdida
A lama dos camiños
Nalgunhas partes do poema, a voz poética diríxese directamente a alguén; a quen?