Escribe o esquema estrófico e o nome da estrofa

Fíxate no uso de minúsculas e maiúsculas, e ten en conta que os versos libres represéntanse con -

¡Que doce e deleitoso
é dun pai o desvelo, cando á beira
do seu leito de esposo
vai oír, pracenteira,
do seu primeiro fillo a vos primeira!
Curros Enríquez, Aires da miña terra
ESQUEMA ESTRÓFICO:
ESTROFA:


Da aldea lexana fumegan as tellas;
detrás dos petoutos vai póndose o sol
retornan prós eidos coa noite as ovellas
tiscando nas beiras o céspede mol.
Curros Enríquez, Aires da miña terra
ESQUEMA ESTRÓFICO:
ESTROFA:


Mediou a noite sagra da festa do Nadal
e o xentío enche a nave da vella catedral.
Cabanillas, Na noite estrelecida
ESQUEMA ESTRÓFICO:
ESTROFA:

¡Alma nacional e ardente
canta anque che custe bágoas!
¡Teus cantares son sementes!

Cabanillas, No desterro
ESQUEMA ESTRÓFICO:
ESTROFA:

Antes de ser escravos,
¡irmáns, irmáns gallegos!
Que corra a sangre a regos
dende a montana ó val.

Cabanillas, Vento mareiro
ESQUEMA ESTRÓFICO:
ESTROFA:

Que quererás de min, meu novo outono,
si xa todo cho din na última entrega;
si xa fixen balance e soio anega
tristeza ao corazón en abandono.
Arcadio López-Casanova
ESQUEMA ESTRÓFICO:
ESTROFA: