Le e escoita detidamente o poema e completa os ocos coas figuras literarias que se piden

Galiza
Poema de Manuel María, Os soños na gaiola, 1972, musicado por Suso Vaamonde, Lembranzas, 2000.
Imaxe e audio da Fundación Manuel María.

im1ex3.jpg
PREME AQUÍ PARA ESCOITAR

Galicia docemente
está ollando o mar:
¡ten vales e montañas
e terras para labrar!

Ten portos, mariñeiros,
cidades e labregos
¡cargados de traballo
cargados de trafegos!

Galiza é unha nai
velliña, soñadora:
¡na voz da gaita rise,
na voz da gaita chora!

Galiza é o que vemos:
a terra, o mar, o vento…
¡Pro hai outra Galiza
que vai no sentimento!

Galiza somos nós:
a xente e mais a fala
¡Si buscas a Galiza
en ti tes que atopala!

Manuel María, Os soños na gaiola

Personificación
A personificación ou prosopopea é unha figura retórica que consiste en atribuír a seres non racionais animados e inanimados, calidades, acción ou facultades humanas (Mírannos as estrelas).
Localiza, na primeira estrofa do poema, unha personificación e anota os dous versos que a componen.



Paralelismo
O paralelismo é un recurso literario que consiste na repetición dunha estrutura sintáctica ou semática, por veces con leves variacións. Completa o seguinte paralelismo que se dá no poema.



Imaxe ou metáfora impura
A imaxe ou metáfora impura consiste en identificar un termo real con outro imaxinario (xeralmente, a través do verbo ser). Ex. Os teus dentes son perlas: identifícanse os dentes (termo real) coas perlas (irreal), para destacar a súa brancura.
Copia os dous versos da terceira estrofa que conteñen unha imaxe.



Antítese
A antítese é unha figura de expresión mediante a cal se salienta a oposición existente entre dúas palabras, expresións ou conceptos. Ex. Invoca a luz desde esta dura tebra
Anota as dúas palabras que, na terceira estrofa, conforman unha antítese.
-